Que os ventos do novo ano nos sexan portantes!

O cambio de ano lévanos a facer diferentes rituais para pedir desexos: unha uva por cada petición, os brindes con cava, o pé dereito apoiado no chan… E sempre hai palabras que se repiten: saúde, traballo e amor. Son posiblemente as mesmas que escribe a cultura galega nesa carta ó vento para que traia, en […]

Sentir co primeiro libro

Intento reflexionar sobre como me sinto ao saír publicado o meu primeiro libro e, aínda que sexa un tópico, non podo deixar de evocar os sentimentos propios da maternidade. Síntome rebordante de endorfinas e oxitocina, substancias que me acompañan desde hai xa algo máis de nove meses. Primeiro foi aquela ilusión levada en segredo ata […]

De mapas e (outras) coordenadas

Nunha Kiel cuxo ritmo o marcan as pedaladas das bicicletas, troco o balbordo dos barrios galegos por un silencio amable e azul. Neste norte, as palabras mexicanas e ourensás das que me acollen, axudan a descobrer a cidade que elas están a facer súa, a golpe de adicación e curiosidade. No meu mapa de peto, […]

Outono

No outono caerán, como sinala o tópico literario, moitas follas en forma de libros. Coma noutras estacións. Mais, desta volta, para a nosa editorial, serán follas ateigadas de ilusión. Sempre o son, abofé, mais neste outono que agora encetamos a Editorial Galaxia disponse a andar vieiros novos nunca ensaiados antes, pero que veñen presididos polo […]

Setembro

Rematan as vacacións e pouco a pouco volvemos á realidade. Este mes de agosto foi duro para nós. Entre outras razóns porque deixamos algúns amigos importantes no camiño, entre eles, Benxamín Casal Vila, presidente de Editorial Galaxia, exemplo de alento, optimismo, conciliación de vontades e confianza no futuro. Ímolo botar moito en falta. Pero seguimos. […]

Grazas

Editorial Galaxia vén de recibir o Premio Fernández-Latorre, máximo galardón que outorga anualmente o rotativo La Voz de Galicia, unha distinción que nos honra e que agradecemos. Somos conscientes de que detrás da concesión do premio, que o xurado acordou por unanimidade, están os 63 anos de historia da editorial, que se fundou o 25 […]

A grande evasión

Miro pola fiestra e fuxir semella a opción máis axeitada. Podemos fuxir de xeito literal, fagamos a mesma maleta que cruzou o Atlántico e poñamos terra de por medio á procura dun novo Shangri-La no que floreza o emprego e abunden os dereitos (postos no caso, isto é, de que tal lugar mítico exista de […]

Rosalía

Cando me enterei do novo concurso tuiteiro de Galaxia, inmediatamente comecei a cavilar e a enviar chíos. Os primeiros eran guerrilleiros, políticos, contestatarios, galeguistas… Porque para min Rosalía non é esa muller melancólica e chorona que tanto promulgan algúns senón unha persoa valente, afoutada e rebelde. Capaz de esixir A xustiza pola man. Mais os […]