Presentación do libro BERROGÜETTO. O PULSO DA TERRA

Este mércores celebrarase a presentación na Coruña do libro escrito por Fernando Neira, 'Berrogüetto. O pulso da terra' e que repasa os tres lustros de existencia do grupo folk galego máis internacional. No acto intervirán membros do grupo e o editor e escritor Francisco Castro. No noso blog, e na ligazón á esquerda destas páxinas, […]

Faladoiro "Álvaro Cunqueiro, xornalista" en Vigo

O xoves día 1 de decembro ás 20 horas celebrarase na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) en Vigo o undécimo e último dos faladoiros incluídos no programa do Centenario de Álvaro Cunqueiro (1911-1981) organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG). O escritor e director da editorial Galaxia, Victor Freixanes, a profesora e […]

Presentación de NÓMADES en Betanzos

Mañá presentaremos en Betanzos a novela gráfica de Xosé Tomás, Nómades. No acto participarán Ramón García Vázquez, alcalde de Betanzos, Xesús Fraga, xornalista, e o autor, para falar deste libro que inaugura a nosa colección de Novela Gráfica e na que Xosé Tomás escribe sobre mulleres que o arriscan todo para cruzar o mar polo […]

Galaxia solidarízase coa economía dos lectores

Por terceiro ano consecutivo Editorial Galaxia decidiu non subir nin actualizar os prezos do seu catálogo cara ao próximo ano 2012. Galaxia manterá os prezos dos libros tal coma os estableceu na saída das novidades hai tres anos, nun esforzo por manter a capacidade adquisitiva dos lectores. "Entendemos que nestes tempos de apuro, debemos facer […]

Novidades da Biblioteca Compostela

Por primeira vez traducida para o galego, a obra de Goliarda Sapienza está a ser descuberta nos últimos anos por lectoras e lectores de toda Europa. Inédita ata a súa publicación en italiano neste 2011 por Einaudi Editore, a novela Eu, Jean Gabin sae na Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, colección que Galaxia tira do […]

Libros para que os nenos gocen

Esta fin de semana, dous libros que veñen de sair do prelo protagonizarán o tempo de lecer de moitos nenos de Galicia. 'Criaturas', libro baseado no exitoso programa da TVG do mesmo nome, presentarase, nun acto pensado para os máis cativos, hoxe ás 19:00 h, no departamento de librería de El Corte Inglés, Santiago de […]

Presentamos 'O pulso da terra' en Vigo

O pasado venres presentamos na Casa do Libro de Vigo a biografía, escrita polo xornalista musical Fernando Neira, 'Berrogüetto. O pulso da terra'. No acto interviron o editor e escritor Francisco Castro, o músico de Milladoiro, Antón Seoane e o membro de Berrogüetto, Anxo Pintos. Francisco Castro explicou a xénese do libro e as súas […]

Presentación de Criaturas en Santiago

O pasado venres, na Biblioteca Nova 33, presentamos diante dos medios de comunicación, 'Criaturas', o libro que nace a partir das mellores historias protagonizadas por animais e persoas e que se emitiron no programa de mesmo nome da Televisión de Galicia. No acto interviron Rosa Vilas, directora da TVG, Ramón Varela, de Pórtico, Víctor F. […]