Lembrando a don Paco

Foi agora hai un ano cando nos deixaba Francisco Fernández del Riego. Mais el segue con nós e seguirá, porque o seu traballo, o seu exemplo e, sobre todo, o seu compromiso, segue a inspirarnos todos os días. No noso blog deixamos por unha banda un artigo de Henrique Monteagudo e outro de Malores Villanueva. […]
Vigo acolle a exposición ‘No niño novo do vento’

O pasado venres, o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, o director xeral de Galaxia e comisario da exposición, Víctor F. Freixanes, o vicepresidente da Fundación Penzol, Alfonso Zulueta e o segundo tenente de alcalde de Vigo, Carlos López Font, inauguraron na Casa Galega da Cultura de Vigo a exposición itinerante 'No […]
Presentación do libro BERROGÜETTO. O PULSO DA TERRA

Este mércores celebrarase a presentación na Coruña do libro escrito por Fernando Neira, 'Berrogüetto. O pulso da terra' e que repasa os tres lustros de existencia do grupo folk galego máis internacional. No acto intervirán membros do grupo e o editor e escritor Francisco Castro. No noso blog, e na ligazón á esquerda destas páxinas, […]
Queres gañar un exemplar de CRIATURAS?

A editorial Galaxia, en colaboración coa produtora Pórtico Audiovisuais publicou recentemente unha compilación dalgunhas das case catrocentas historias de animais domésticos e salvaxes aparecidas no programa 'Criaturas' que esta produtora fai para a TVG. Puxémoslle como subtítulo o expresivo, 'Só lles falta falar!' . O libro, dirixido ao público infantil, recolle estás historias nun formato […]
Homenaxe a Franco Grande en Tomiño

O Concello de Tomiño honrará o vindeiro sábado 14 de xaneiro ás 12h00 no auditorio de Goián a senlleira traxectoria cultural do Fillo Predilecto de Tomiño, Xose Luis Franco Grande. Con este acto o goberno local tomiñés recoñece o importante papel deste intelectual no mundo cultural galego e a difusión da súa terra sempre presente, […]
Xa á venda as camisetas de Mamá Cabra

A xira de concertos que o grupo Mamá Cabra está a desenvolver por todo o país da man da nosa Editorial, trae con ela unha novidade importante como é a posibilidade de, ao remate do concerto, mercar unha camiseta para que os nosos nenos e nenas poidan levalas de recordo e, ademais, fachendear guapos e […]
Lecturas para o novo ano

Autores como Domingo Villar verán publicadas a súa nova obra, 'Cruces de pedra' nestes primeiros meses deste 2012 que vén cargado de páxinas interesantes. Será polo mes de Abril cando os seguidores de Leo Caldas poderán asistir ás pesquisas do detective vigués nun novo enigma a desentrañar. Deste xeito, a exitosa saga que comezou en […]
Pensando nos lectores máis novos

Tempo para regalar e tempo para regalarnos coa lectura e o agarimo dos bos libros. Tempo para compartilos coas persoas que máis queremos, nestes días de (relativas) vacacións. Os máis pequenos mandan. E na demanda das librerías nótase. Dúas propostas de Editorial Galaxia para estes datas están a recibir especial aceptación: 'Xa me tardan estes […]