Este mércores celebrarase a presentación na Coruña do libro escrito por Fernando Neira, 'Berrogüetto. O pulso da terra' e que repasa os tres lustros de existencia do grupo folk galego máis internacional.
No acto intervirán membros do grupo e o editor e escritor Francisco Castro.
No noso blog, e na ligazón á esquerda destas páxinas, deixámosvos un video da primeira das presentacións, a celebrada en Compostela, e que reflicte ben o ambiente que hai arredor desta publicación que nace cun CD e un DVD que conmemoran estes quince anos de creatividade e música nosa.