Á beira de Beiras

Arredor dun millar de persoas calculan os organizadores que participarán na Homenaxe Nacional a Xosé Manuel Beiras, no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, onde se celebrará o evento ás 12:30 horas do próximo sábado, día 17 de decembro. A entrada ao acto do Auditorio é libre, aínda que a continuación se celebrará un […]

Vida e obra dun músico esencial

O acto de presentación contou coa participación do propio Rogelio Groba, o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, o conselleiro de Cultura Roberto Varela, e o autor da obra, Manrique Fernández. No acto celebrado na Biblioteca Pública Ánxel Casal, o conselleiro de Cultura e Turismo enxalzou a vida e obra do compositor de Ponteareas […]

Inauguración en Vigo de NO NIÑO NOVO DO VENTO

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, Editorial Galaxia, e Fundación Penzol, coa colaboración do Concello de Vigo, presentan esta exposición conmemorativa do centenario de Álvaro Cunqueiro. A exposición, comisariada por María García Liñeira e Víctor F. Freixanes, está composta por 16 paneis nos que se fai un percorrido pola vida e a obra […]

Presentacións do libro CRIATURAS en Ourense e Vigo

Un dos libros que máis está dando que falar nos últimos tempos é "Criaturas. Só lles falta falar!", vinte e cinco historias de animais e de persoas extraídas e contadas por Rocío González e Alfonso Pato, do programa da TVG do que son guionistas. Nos actos de presentación (venres en Ourense: librería Internacional ás 19 […]

Antonio Piñeiro recibe o Premio García Barros

Con asistencia de autores e autoras da narrativa galega, moitos deles premiados en edicións anteriores do "García Barros", un ano máis a vila da Estrada converteuse por unhas horas na capital da novela en lingua galega. Antonio Piñeiro recibiu o premio literario, dotado con 9.000 euros, a a entrega dos primeiros exemplares da edición de […]

Lembrando a don Paco

Foi agora hai un ano cando nos deixaba Francisco Fernández del Riego. Mais el segue con nós e seguirá, porque o seu traballo, o seu exemplo e, sobre todo, o seu compromiso, segue a inspirarnos todos os días. No noso blog deixamos por unha banda un artigo de Henrique Monteagudo e outro de Malores Villanueva. […]

Vigo acolle a exposición ‘No niño novo do vento’

O pasado venres, o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, o director xeral de Galaxia e comisario da exposición, Víctor F. Freixanes, o vicepresidente da Fundación Penzol, Alfonso Zulueta e o segundo tenente de alcalde de Vigo, Carlos López Font, inauguraron na Casa Galega da Cultura de Vigo a exposición itinerante 'No […]

Presentación do libro BERROGÜETTO. O PULSO DA TERRA

Este mércores celebrarase a presentación na Coruña do libro escrito por Fernando Neira, 'Berrogüetto. O pulso da terra' e que repasa os tres lustros de existencia do grupo folk galego máis internacional. No acto intervirán membros do grupo e o editor e escritor Francisco Castro. No noso blog, e na ligazón á esquerda destas páxinas, […]