Presentación na Coruña do GRIAL 190

Mañá mércores, ás 20:00 h, terá lugar este acto no que se presentará o último número da revista GRIAL, dedicado a analizar o papel da investigación na sociedade actual. A Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié de la Maza, integrada por máis de setecentos beneficiarios de distintos programas desta entidade, organizou en novembro de 2010 […]

Inauguración nas Pontes de O LECER DAS AUGAS

Esta exposición, organizada pola Asociación de Balnearios de Galicia e producida por Merlín Comunicación, percorre a historia dos balnearios de Galicia e chega mañá ás Pontes de García Rodríguez. Esta mostra ten a súa orixe nun convenio asinado en 2007 entre a Cámara Mineira de Galicia e a Asociación de Balnearios. En virtude deste acordo, […]

Ana Romaní, Premio da Crítica por 'Estremas'

Este sábado, e nunha gala á que asistiron arredor de 400 persoas, celebrouse a entrega de premios da Fundación Premios da Crítica. Na modalidade de creación literaria, a obra 'Estremas' de Ana Romaní, foi distinguida como a mellor do ano 2010. Para a escritora e periodista o Premio da Crítica supuxo «unha sorpresa» e explicou […]

Adianto do primeiro capítulo da nova obra de Murakami

Dende a ligazón á dereita destas liñas podes descargarte de balde, en formato PDF, o primeiro capítulo do Libro 3 de '1Q84', o novo libro de Haruki Murakami que xa está á venda despois de que o pasado febreiro publicaramos os dous primeiros nun único volume. A edición en galego sae ao tempo que no […]

"Sinbad", a película inspirada na obra de Cunqueiro chega o cine

Onte, e nas instalacións -como parecía indicar a temática- do Museo do Mar de Vigo, estrouse 'Sinbad', obra dirixida por Antón Dobao e con Xosé Oliveira 'Pico' como protagonista, producida pola TVG e Ficción e baseada na obra de Álvaro Cunqueiro, 'Si o vello Sinbad volvese ás illas'. A partir deste venres poderá verse nas […]

Galaxia no Liber

Onte comezou en en Madrid, nas instalacións de IFEMA, a 29 edición de Liber, o espazo do mundo editorial do territorio español. A Federación de Gremios de Editores de España organiza anualmente este espazo profesional que se celebra alternativamente en Barcelona e Madrid. Rumanía, país convidado de honra, dará a coñecer a súa realidade cultural […]

Uderzo vaise

Hoxe a prensa mundial faise eco da retirada de Uderzo, o debuxante mundialmente famoso pola creación das historias de Astérix o Galo, en colaboración con Gosciny. Dende o pasamento deste último, Uderzo encargábase das dúas partes da creación e agora anuncia a súa retirada. Astérix chegou ao galego hai máis de trinta anos. Algúns dos […]

O deseño dos interactivos de Galaxia no Anuario de Creatividade Galega

Hai uns días presentouse en Compostela o anuario de Creatividade Galega, un colectivo de empresas e profesionais que aglutinan a creatividade publicitaria. Trátase dunha publicación que ten como obxectivo recoller as mellores pezas gráficas de Galicia e reunilas nun volume singular que pretende mostrarlle á sociedade, entre outras cousas, o alto nivel do deseño gráfico […]