Hoxe a prensa mundial faise eco da retirada de Uderzo, o debuxante mundialmente famoso pola creación das historias de Astérix o Galo, en colaboración con Gosciny. Dende o pasamento deste último, Uderzo encargábase das dúas partes da creación e agora anuncia a súa retirada.
Astérix chegou ao galego hai máis de trinta anos. Algúns dos álbumes foran traducidos nin máis nin menos que por Eduardo Blanco Amor.
O irredutible galo seguirá, grazas a apócema máxica, encher de soños e ledicia aos lectores e lectoras de todo o mundo porque Astérix, Obélix, o can Ideafix e o resto dos persoeiros da aldea son xa iconas universais.