Lecturas para un outono literario

Serán moitas as novidades que verán a luz neste último trimestre do ano deste outono que mañá comeza. Deste xeito, non haberá ninguén que non quede satisfeito por non atopar unha proposta de lectura á que lle apeteza meter o dente. Sen pararnos a detallar agora todas as propostas, que iremos explicando nos días vindeiros, […]

Mil e un Cunqueiros

Nove conferencias maxistrais, cinco mesas redondas e máis de trinta comunicacións contribuirán a facer do congreso "Mil e un Cunqueiros" un referente para a proxección futura do universal fabulador galego. Así o ven Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, organizador do encontro xunto coas tres universidades galegas, Dolores Vilavedra e Teresa López, da […]

Presentación na Coruña do GRIAL 190

Mañá mércores, ás 20:00 h, terá lugar este acto no que se presentará o último número da revista GRIAL, dedicado a analizar o papel da investigación na sociedade actual. A Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié de la Maza, integrada por máis de setecentos beneficiarios de distintos programas desta entidade, organizou en novembro de 2010 […]

Ofelia Rey, premio María Josefa Wonenburger

Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna da USC, recibirá hoxe o premio María Josefa Wonenburger 2011, que concede a Unidade Muller e Ciencia de Galicia. O pleno da Unidade Muller e Ciencia de Galicia valorou na súa designación a calidade, rigor e precisión da ampla produción científica de Ofelia Rey e a súa capacidade […]

Homenaxe póstuma a Francisco Fernández del Riego en Lourenzá

Tiña que ser, tamén, unha homenaxe en Lourenzá para don Paco, o home que, nos duros días da escuridade franquista asinaba moitos dos seus traballos baixo do nome Salvador Lorenzana. Un intelectual que, a pesares de facer gran parte da súa vida en Vigo, nunha esqueceu a súa terra de orixe. Próximo a cumprirse o […]

A Coruña acolle a mostra NO NIÑO NOVO DO VENTO

O acto de inauguración contou coas intervencións dos representantes das institucións organizadoras: Pedro López Gómez, membro do padroado da Fundación Penzol, o comisario da mostra e director de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, e o xefe territorial da Consellería de Cultura, Manuel Varela. Nesta itinerancia contouse coa colaboración do Concello da Coruña, por parte do […]

Hoxe comeza o congreso 'Mil e un Cunqueiros'

Coa conferencia "As miñas lecturas de Cunqueiro" o escritor e exministro de Cultura, César Antonio Molina, abrirá hoxe, mércores día 28 o congreso internacional "Mil e un Cunqueiros", organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coas tres universidades galegas para conmemorar o centenario do escritor (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981). A sesión celebrarase ás 10 […]

Camiñando da man de Otero Pedrayo

O sábado 10 de setembro a Fundación Otero Pedrayo organizou o Primeiro Roteiro Literario baseado na obra do escritor ourensán. A primeira hora da mañá, unha vintena de veciñas e veciños de Trasalba (Amoeiro) partiron da Casa Museo de Cima de Vila, para percorrer a contorna seguindo os textos do escritor recollidos no volume Trasalba, […]