Querido Tomás

Xosé Neira Vilas é un clásico contemporáneo. A súa voz leva acompañándonos décadas, e como se adoita dicir, é imposible entender a existencia dunha Literatura Infantil e Xuvenil sen o seu concurso fundacional, aquel que conseguiu hai médio século con 'Memorias dun neno labrego'. Outro tanto cabe dicir ao respecto dos outros xéneros, practicamente todos, […]

No Día da Tradución

Como cada día 30 de setembro celébrase o Día da Tradución. A Asociación de Tradutores Galegos organizou para conmemorala, na sala de conferencias de novaCaixagalicia en Vigo ás 20,00 horas, unha conferencia sobre "Plácido Castro, tradutor", que impartirá o profesor da Universidade de Vigo, Alberte Álvarez Lugrís. Plácido Castro foi un dos grandes pioneiros da […]

Presentouse NÓMADES en Santiago

Onte, na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela, o debuxante Xosé Tomás presentou 'Nómades', a súa novela gráfica centrado en historias de mulleres inmigrantes que, ademais, inicia unha colección dedicada a este xénero en Galaxia. O autor estivo acompañado polo cineasta Jorge Coira e polo editor da novela, Francisco Castro. Foi este último quen abriu o […]

Inauguración nas Pontes de O LECER DAS AUGAS

Esta exposición, organizada pola Asociación de Balnearios de Galicia e producida por Merlín Comunicación, percorre a historia dos balnearios de Galicia e chega mañá ás Pontes de García Rodríguez. Esta mostra ten a súa orixe nun convenio asinado en 2007 entre a Cámara Mineira de Galicia e a Asociación de Balnearios. En virtude deste acordo, […]

Ana Romaní, Premio da Crítica por 'Estremas'

Este sábado, e nunha gala á que asistiron arredor de 400 persoas, celebrouse a entrega de premios da Fundación Premios da Crítica. Na modalidade de creación literaria, a obra 'Estremas' de Ana Romaní, foi distinguida como a mellor do ano 2010. Para a escritora e periodista o Premio da Crítica supuxo «unha sorpresa» e explicou […]

Adianto do primeiro capítulo da nova obra de Murakami

Dende a ligazón á dereita destas liñas podes descargarte de balde, en formato PDF, o primeiro capítulo do Libro 3 de '1Q84', o novo libro de Haruki Murakami que xa está á venda despois de que o pasado febreiro publicaramos os dous primeiros nun único volume. A edición en galego sae ao tempo que no […]

"Sinbad", a película inspirada na obra de Cunqueiro chega o cine

Onte, e nas instalacións -como parecía indicar a temática- do Museo do Mar de Vigo, estrouse 'Sinbad', obra dirixida por Antón Dobao e con Xosé Oliveira 'Pico' como protagonista, producida pola TVG e Ficción e baseada na obra de Álvaro Cunqueiro, 'Si o vello Sinbad volvese ás illas'. A partir deste venres poderá verse nas […]

Galaxia no Liber

Onte comezou en en Madrid, nas instalacións de IFEMA, a 29 edición de Liber, o espazo do mundo editorial do territorio español. A Federación de Gremios de Editores de España organiza anualmente este espazo profesional que se celebra alternativamente en Barcelona e Madrid. Rumanía, país convidado de honra, dará a coñecer a súa realidade cultural […]