Presentación na Coruña do GRIAL 190

Categoría: Nova

Mañá mércores, ás 20:00 h, terá lugar este acto no que se presentará o último número da revista GRIAL, dedicado a analizar o papel da investigación na sociedade actual. A Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié de la Maza, integrada por máis de setecentos beneficiarios de distintos programas desta entidade, organizou en novembro de 2010 unha serie de encontros arredor desta cuestión, que denominaron Diálogos 01 e que centran o monográfico da revista.

O acto contará coa participación de Ana J. Varela, voceira da Asociación, Víctor F. Freixanes, codirector da revista, Toni García, un dos coordinadores do número e de Diálogos 01, Begoña Graña, investigadora, e Javier López Martínez, director da Fundación Barrié.

Compartir na redes sociais: