Onte comezou en en Madrid, nas instalacións de IFEMA, a 29 edición de Liber, o espazo do mundo editorial do territorio español. A Federación de Gremios de Editores de España organiza anualmente este espazo profesional que se celebra alternativamente en Barcelona e Madrid. Rumanía, país convidado de honra, dará a coñecer a súa realidade cultural cunha apla presenza de expositores e unha axenda de actos que se levarán a cabo en diversos lugares de Madrid.
O perfil dos visitantes é profesional: Axentes literarios, empresas editoriais, distribuidores, artes gráficas, multimedia, asociacións profesionais e empresas de servizos.
Liber dixital
Por primeira vez, a feira vai contar cun espazo dedicado ao mundo dixital, LIBER DIXITAL, é un espazo expositivo destinado ás empresas especializadas no entorno dixital . Nel se inclúe o CORNER DIXITAL, un área donde diferentes empresas realizarán presentacións de produtos e servizos. Igualmente, e de forma paralela á celebración da Feira, vanse desenvolver mesas redondas, ponencias e obradoiros que abordarán contidos referidos ao entorno dixital, e onde se reunirán destacadas personalidades do sector. En definitiva, un encontro cos contidos, as ideas e as tecnoloxías destinado a dar resposta ás actuais necesidades das editoriais diante do reto que prantexan os novos produtos e servizos dixitais.
As cifras de Liber 2010 aportan os seguintes datos: Máis de 700 editoriais e empresas, procedentes de 16 países. Máis de 12.000 visitantes profesionais e máis de 600 compradores convidados de 60 países.
As editoriais galegas que participan este ano son: Editorial Netbiblo, Edicións Tambre, Edicións Xerais de Galicia, Rodeira–Edebé, Ir Indo Edicións, Kalandraka Editora, Nova Galicia Edicións, Editorial Galaxia, Hércules de Ediciones, Editorial Everest, Editorial Toxosoutos, Baía Edicións, Ideaspropias Editorial, OQO Editora, El Patito Editorial, Ediciones Linteo, Edicións Embora, Andavira Editora, Alvarellos Editora, Edicións Nigra Trea, Primera Persona, KNS, Espiral Maior, Biblos, E. do Cumio e Embora.