Os Tres TENedORES en Santiago

Os Tres TENedORES presentarán o seu COCIDO SINFÓNICO na librería Barco de Papel de Santiago este martes ás 18.00 horas. Será unha oportunidade magnífica para que toda a rapazada da cidade compostelana se achegue a esta música interpretada polos tres cociñeiros máis tolos que nunca se viron nin se verán. A entrada é de balde […]
María Solar recolleu o Premio Lazarillo en Madrid

A escritora María Solar, que hai un par de semanas era recoñecida co Premio Lazarillo de Creación Literaria pola súa obra 'O meu pesadelo favorito' que Galaxia publicará, ilustrado por María Lires, no primeiro trimestre de 2015 na súa colección Árbore, recibiu o pasado sábado, dentro dos actos do Salón do Libro, o galardón en […]
Xiqui Xoque, Fiú Fiú! en Vigo

Este luns ás 18 horas no Auditorio de Vigo, o tren da ledicia de María Fumaça estreará o seu musical titulado 'Xiqui Xoque, Fiú Fiú' no Auditorio Mar de Vigo. Un espectáculo que a partir dunha escenografía de P. Pastor, ilustrador tamén do libro-disco editado en Galaxia que lle dá nome, quere facernos ver que […]
ENTREGA DO PREMIO GARCÍA BARROS E CEA LITERARIA

O venres, día 12 de decembro, entregouse na Estrada o Premio García Barros ao escritor Alberto Ramos pola súa novela Máscaras rotas para Sebastian Nell, publicado por Editorial Galaxia. Posteriormente, celebrouse unha Cea Literaria cun coloquio na sobremesa no que se debateu arredor do tema "A subxectividade como protagonista da novela: o punto de vista […]
Presentación do novo libro de Benigno Campos na Coruña

Este é o cuarto libro dun dos autores que máis éxito teñen acadado en vendas en Galicia en todos os tempos. Parte do éxito pode explicarse nas palabras de Xavier Castro, experto en cociña galega e autor do limiar do libro: "A culinaria do larpeiro caracterízase polo emprego preferente de produtos galegos de calidade, frescos, […]
Presentación do novo libro de María do Cebreiro en Santiago

A escritora María do Cebreiro presentará a súa nova obra, o poemario OS INOCENTES, mañá venres na librería Lilith acompañada por Margarita García Candeira. A AUTORA: María do Cebreiro (Compostela, 1976) é escritora e crítica literaria. En 2002 conseguiu o Premio de Investigación Dámaso Alonso coa obra As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña. […]
Espantallo Amigo en Ferrol

Nadal en Rede levará a sete localidades da Rede de Dinamización Lingüística unha nova adaptación teatral de Espantallo amigo, de Xosé Neira Vilas, que chega da man dos Quinquilláns, nunha revisión na que Lucho Penabade e Tero Rodríguez continúan a historia orixinal contada polos adultos que lle deron vida á trama orixinal da novela neiraviliana. […]
Conmemoración do centenario do nacemento de Álvarez Blázquez

Este luns o presidente da Fundación Penzol, Alfonso Zulueta de Haz e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantiveron unha xuntanza de cara a empezar a organizar os actos de conmemoración do centenario do nacemento de Xosé María Álvarez Blázquez, xunto coa familia do escritor e editor. Ambos os dous acordaron lembrar en febreiro o […]