O ano que vén, a Editorial Galaxia cumprirá 65 anos

En xullo de 2015, a Editorial Galaxia cumprirá 65 anos. Un número de anos, polo tanto, ben importante no que nos moveu, en todo o momento, a todos os equipos e persoas que lideraron e fixeron a Editorial, o mandado fundacional daquel 25 de xullo de 1950 de servir ao galego, á cultura galega e […]
Mateo Ramos, de Alfoz, gaña o Premio de Cartas ao Apalpador

Este ano, o premio para agasallar as mellores cartas escritas ao Apalpador, certame organizado polo colectivo Irmandade dos Apañacastañas, lévao Mateo Ramos Rega, de once anos, que estuda no CEIP Castro de Ouro de Alfoz, cunha carta que emocionou ao xurado pola súa sincera tenrura. Conta que a súa cadela Laika xa non xogaba con […]
Haruki Murakami abrirá unha web para comunicarse cos seus lectores

O escritor xaponés Haruki Murakami terá temporalmente unha web na que a partir do próximo 15 de xaneiro comunicarase por escrito cos seus lectores. O portal, chamado «Murakami san non tokoro» («O espazo do señor Murakami»), estará aberto do 15 ao 31 de xaneiro para recibir preguntas e consultas que o escritor responderá ata marzo. […]
A ESMORGA, nominada aos Premios Goya 2015 na Categoría de Mellor Guión Adaptado

O filme do ourensán Ignacio Vilar, A ESMORGA (Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e TVG), que pechou 2014 converténdose nun éxito indiscutible do cinema galego estrea 2015 facendo novamente historia e acada unha nominación na categoría de mellor guión adaptado aos Premios Goya da Academia do Cine Español á primeira longametraxe de fición rodada en […]
Francisco Fernández del Riego, 102 anos e o cuestionario Proust

Ramón Nicolás leva moito tempo dinamizando a nosa vida literaria a través, tamén, das redes a través do seu excelente blogue Caderno da Crítica. Un dos apartados máis gorentosos é o Cuestionario Proust no que unha cantidade xa non pequena de autoras e autores responden exactamente ás mesmas preguntas. Onte, coincidindo co que sería o […]
Faleceu en Buenos Aires Miguel Espiño

Foi una morte súpeta, inesperada, e por tanto se cadra aínda máis dolorosa. Un accidente de trafico. O pasado día 8 de xaneiro, cando saía dunha reunión de traballo verbo da organización e lanzamento dos primeiros títulos do proxecto Mar Maior en Arxentina, xunto coa súa dona, Nelly, Carlos Brandeiro e Xavier Alcalá, un camión […]
Arranca o programa de dinamización lingüística Nadal en rede 2014

Trátase dun espectáculo teatral producido por Os Quinquilláns Teatro e a Editorial Galaxia, sobre o título 'Espantallo Amigo'. É unha adaptación da obra de Xosé Neira Vilas, dentro do programa de dinamización lingüística Nadal en Rede 2014, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Estamos diante dunha historia de xenerosidade. Teatro dentro […]
Presentación do novo libro-disco de PIRILAMPO na Coruña

O grupo de música infantil Pirilampo, do que vimos de publicar na colección Sonárbore o libro-disco LUCECÚS, ilustrado por Federico Fernández, actuará o vindeiro domingo no Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa da Coruña ás 12 horas. Así é como se presentan eles mesmos na apertura deste traballo que presentan e que soará na […]