En Santiago aínda ESTAMOS NO VERÁN!!!

Xoán Curiel e a súa banda "Son +d2" estarán mañá venres 16 de xaneiro no Auditorio de Galicia en Santiago, presentando o seu libro-disco "Estamos no Verán!!!" con dous concertos. O primeiro será ás 10h e o segundo ás 12h. O proxecto musical nace vencellado á primeira novela-disco da literatura galega, asinada, na súa parte […]
Presentación de A BONECA DE BLANCO AMOR en Vigo

A escritora Ledicia Costas e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes acompañarán a María Xosé Queizán na presentación do seu novo libro titulado A BONECA DE BLANCO AMOR. Nesta novela, a autora viguesa retoma dous dos personaxes que forman parte da trama do libro de Blanco Amor, 'A Esmorga'. En definitiva, unha novela […]
Xa nas librarías 'Biff, Bang, Pow!'

Moito antes de se converter no escritor fundamental que hoxe é no sistema literario galego, Xabier López López publicaba en 1997 a novela xuvenil 'Biff, Bang, Pow', unha divertida historia que nos leva, da man dun rapaz galego, ao Londres dos anos 60 coas súas minisaias, o flower power e un caso que convirten esta […]
Os autores das últimas novidades de Galaxia falan das súas obras

Dende hai unhas semanas, están xa visibles pezas audiovisuais, realizadas e montadas por Noel Queipo e por Pilar Peleteiro como Axudante de Realización, protagonizadas por algúns dos autores que publicaron recentemente novidades na nosa Editorial. Así, podemos escoitar da propia voz de Antón Dobao, Manuel Núñez Singala, Santiago Lopo, Alberto Ramos e Francisco Castro, as […]
Espantallo amigo en Santiago

Durante as vacacións escolares que acaban de comezar, a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia ofrece en Compostela un espectáculo para público familiar: a obra de teatro Espantallo Amigo, interpretada por Os Quinquilláns, nunha acción en colaboración coa Editorial Galaxia. A trama, creada por Xosé Neira Vilas, está contada na versión teatral de […]
Bo Nadal

Velaquí queda a nosa felicitación de Nadal. Que é moi simple e, precisamente por iso, profunda. Desexámosvos un Bo Nadal en paz. Que os tempos sexan mainos, que poidamos respirar, falar con calma, escoitarnos, que se nos escoite. Que os ritmos sexan delongados para poder gorentar as boas historias que viven nos libros, as músicas […]
Os Tres TENedORES en Santiago

Os Tres TENedORES presentarán o seu COCIDO SINFÓNICO na librería Barco de Papel de Santiago este martes ás 18.00 horas. Será unha oportunidade magnífica para que toda a rapazada da cidade compostelana se achegue a esta música interpretada polos tres cociñeiros máis tolos que nunca se viron nin se verán. A entrada é de balde […]
María Solar recolleu o Premio Lazarillo en Madrid

A escritora María Solar, que hai un par de semanas era recoñecida co Premio Lazarillo de Creación Literaria pola súa obra 'O meu pesadelo favorito' que Galaxia publicará, ilustrado por María Lires, no primeiro trimestre de 2015 na súa colección Árbore, recibiu o pasado sábado, dentro dos actos do Salón do Libro, o galardón en […]