Nadal en Rede levará a sete localidades da Rede de Dinamización Lingüística unha nova adaptación teatral de Espantallo amigo, de Xosé Neira Vilas, que chega da man dos Quinquilláns, nunha revisión na que Lucho Penabade e Tero Rodríguez continúan a historia orixinal contada polos adultos que lle deron vida á trama orixinal da novela neiraviliana. Nunha proposta escénica deseñada por Xosé Vizoso, a actividade ofrécelle como complemento ao público asistente unha reedición especial ilustrada por Xaquín Marín (Editorial Galaxia).
A partir dos sete anos