Este luns o presidente da Fundación Penzol, Alfonso Zulueta de Haz e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantiveron unha xuntanza de cara a empezar a organizar os actos de conmemoración do centenario do nacemento de Xosé María Álvarez Blázquez, xunto coa familia do escritor e editor.
Ambos os dous acordaron lembrar en febreiro o nacemento dun escritor ao que xa se adicou o Día das Letras Galegas en 2008.
No seu tempo ofreceremos todos os detalles desta importante conmemoración.