Máis 'Instrucións para tomar café'

Que un libro de Manuel Núñez Singala sexa un éxito non é algo que nos sorprenda especialmente. Tanto coas súas obras de teatro, como de corte sociolingüística ou xuvenil ou adultos, os libros deste autor coñecen sucesivas edicións porque gozan do favor unánime de público e crítica. Por iso estes días chega, a pesar de […]

Os amigos de Santi e De como Chispo o esquío puido co frío, en Lugo

Mañá sábado ás 12h30 Araceli Gonda e Toño Núñez presentarán na librería Trama de Lugo os seus últimos libros: Os amigos de Santi e De como Chispo o esquío puido co frío. Acompañaráos o editor Francisco Castro nun evento especial no que tampouco faltarán a maxia de Carlos Coira e a música de Miguel Alonso. […]

Quinta reimpresión de Circe ou o pracer do azul

A reescrita en clave feminista da historia de Penélope e Circe, tecida no 2009 pola xornalista Begoña Caamaño segue a engaiolar ao público galego. Ven de saír do prelo a quinta reimpresión de Circe ou o pracer do azul, apaixoante historia de dúas mulleres destinadas a odiarse e que aprenden a coñecerse e a amarse […]

Galicia e o cine

O último número da revista GRIAL dedicámolo aos 25 anos do cine en Galicia. Por unha banda, cúmprese un cuarto de século do noso cine moderno, por outro, celebramos a estrea de A Esmorga, a fita na que Vía Láctea Filmes, a Televisión de Galicia e a Editorial Galaxia uniron esforzos para levar á gran […]

A LÚA DA COLLEITA (de novo) finalista do Premio San Clemente

Este xoves, no Instituto de Educación Secundaria de Santiago, foron presentadas as novelas finalistas da XXI edición do premio literario Arcebispo Juan de San Clemente. En lingua galega, 'A lúa da colleita' de Anxos Sumai é unha das finalistas. Nesta nova edición houbo novidades importantes tanto na selección dos escritores finalistas como dos centros que […]

As Maimiñas celebrarán o entroido no Mercado de Lugo

As Maimiñas siguen percorrendo, ademais do mundo, como di o título do seu primeiro traballo na colección Sonárbore, toda Galicia durante estas festas de Entroido. Se o pasado sábado eran protagonistas en Salceda de Caselas, mañá serán as encargadas de amenizar o lecer dos máis pequenos e pequenas na cidade da muralla. Será ao mediodía, […]

Celebra o Entroido coas Maimiñas

O Carnaval é tempo de festa e de actuacións musicais en todos os currunchos de Galicia. Probablemente non haberá vila ou cidade galega na que non exista unha programación específica pensada para que os máis pequenos e pequenas, que ademais gozarán as vacacións escolares, poidan tirarlle todo o zume festivo a este tempo de disfraces […]

'A verdadeira historia da mosca da tele' conquista novos lectores

A semana que vén entrará no noso almacén o Premio Lazarillo 2014, 'O meu pesadelo favorito' de María Solar, obra que se impuxo no conxunto de España neste prestixioso certame literario, o máis antigo do estado. En liña con esa proxección, onte saía do prelo a edición en castelán, na Editorial Anaya, do seu libro […]