Este xoves, no Instituto de Educación Secundaria de Santiago, foron presentadas as novelas finalistas da XXI edición do premio literario Arcebispo Juan de San Clemente. En lingua galega, 'A lúa da colleita' de Anxos Sumai é unha das finalistas.
Nesta nova edición houbo novidades importantes tanto na selección dos escritores finalistas como dos centros que formarán parte do Xurado. Concretamente, os escritores finalistas son autores xa premiados en anteriores edicións que teñen obra recente. Os institutos gallegos que formarán parte do xurado serán o Xelmirez I de Santiago, o Lucus Augusti de Lugo, o Pintor Colmeiro de Silleda e o Ferro Couselo de Ourense. Ademais, por primeira vez, tres institutos de países da Unión Europea, un inglés, Hockerill College de Londres, un francés, Saint Français Xavier de Vannes na Bretaña francesa, e un alemán, Grimmelshausen de Frankfurt, formarán parte do Xurado.