As Maimiñas siguen percorrendo, ademais do mundo, como di o título do seu primeiro traballo na colección Sonárbore, toda Galicia durante estas festas de Entroido. Se o pasado sábado eran protagonistas en Salceda de Caselas, mañá serán as encargadas de amenizar o lecer dos máis pequenos e pequenas na cidade da muralla. Será ao mediodía, no Mercado de Lugo onde as cancións de UNHA VIAXE POLO MUNDO se escoitarán para goce de todas e todos os disfrazados.
Que non falte ninguén.