Quinta reimpresión de Circe ou o pracer do azul

Categoría: Nova

A reescrita en clave feminista da historia de Penélope e Circe, tecida no 2009 pola xornalista Begoña Caamaño segue a engaiolar ao público galego. Ven de saír do prelo a quinta reimpresión de Circe ou o pracer do azul, apaixoante historia de dúas mulleres destinadas a odiarse e que aprenden a coñecerse e a amarse a través das cartas que lles fai chegar un fermoso paxaro.

A morte prematura da autora, o pasado outono, privounos de coñecer as moitas outras historias que gardaba Begoña no seu maxín. Porén, as poderosas mulleres que habitan as súas obras publicadas, ambas as dúas por Editorial Galaxia, avanzan polo mundo con paso firme e seguro, xa que Circe está comezando tamén a engaiolar aos lectores e lectoras do Estado grazas ao selo Mar Maior.

Compartir na redes sociais: