'A verdadeira historia da mosca da tele' conquista novos lectores

Categoría: Nova

A semana que vén entrará no noso almacén o Premio Lazarillo 2014, 'O meu pesadelo favorito' de María Solar, obra que se impuxo no conxunto de España neste prestixioso certame literario, o máis antigo do estado. En liña con esa proxección, onte saía do prelo a edición en castelán, na Editorial Anaya, do seu libro 'A verdadeira historia da mosca da tele', unha novela que publicamos na nosa colección Árbore 10 anos e que xa coñecen moitas e moitos pequenos lectores deste país.
Contentos na familia de Galaxia ao ver como esta mosca catódica que protagoniza o libro de María Solar, de cada vez, voa máis lonxe.

Compartir na redes sociais: