Presentouse en Santiago 'Lar-Nai-Pan' de Xosé Neira Vilas

O volume recompila tres traballos de poemas en prosa editados por separado en 1973, 1980 e 1986, respectivamente, e xuntos baixo o título ‘Charamuscas’ en 1993 A nova edición incorpora o cedé NAI no que a actriz Uxía Blanco interpreta os textos da peza homónima coa que o escritor de Gres homenaxeou á nai reivindicando […]
A tradución de Ramón Nicolás de BISA BEA, BISA BEL entra na Lista de Honra de IBBY

Onte coñecemos que a tradución que Ramón Nicolás fixo do libro de Ana María Machado, BISA BEA, BISA BEL entraba na Lista de Honra de IBBY, prestixioso recoñecemento que recolle as mellores producións, neste caso referida á tradución, do mundo nas distintas linguas. Ramón Nicolás foi o encargado de traducir este libro da autora brasileira, […]
Presentouse FEITIZO DE SANGUE en Vigo

A librería Librouro de Vigo quedou onte pequena para acoller a todas as persoas que quixeron acompañar á escritora Sabela González na presentación do seu libro FEITIZO DE SANGUE, segunda parte da triloxía fantástica AS CRÓNICAS DE LANDEREINA. A autora estivo acompañada polo escritor e editor Francisco Castro. Durante a súa intervención, Sabela González explicou […]
Presentación de FEITIZO DE SANGUE en Vigo

A escritora Sabela González presentará o seu libro FEITIZO DE SANGUE, segunda parte da triloxía AS CRÓNICAS DE LANDEREINA o vindeiro martes 10 de febreiro ás 20 horas acompañada do escritor e editor Francisco Castro. Cando hai dous veráns saiu do prelo BÁGOA DE LÚA, de Sabela González, libro que inaugurou a triloxía fantástica AS […]
Presentaciónd e Lar – Nai – Pan en Compostela

Coa participación de Xosé Neira Vilas; da actriz Uxía Blanco, que lerá uns textos que elixiu o autor e que acompañan o CD que acompaña o libro; de Victor F. Freixanes, director xeral de Galaxia; e de Mónica Places, membo da directiva da Agrupación Cultural O Galo. O volume contén tres breves que se publicaron […]
Celebrando a Xosé Mª Álvarez Blázquez

Nun salón ateigado con case medio cento de mozos e mozas do Instituto Alexandre Bóveda de Vigo, o pasado venres, ás doce da mañá, na Casa Galega da Cultura, tivo lugar un acto académico-escolar organizado pola Fundación Penzol para conmemorar o centenario do nacemento de Xosé Mª Álvarez Blázquez (Tui, 1915-Vigo, 1985). No mesmo contouse […]
Chega ás librerías a décima edición do Made in Galiza de Séchu Sende

Made in Galiza chega á súa décima edición despois de engailor o público galego coa súa procura da fórmula da liberdade na punta da lingua. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que […]
Nos cen anos de Xosé María Álvarez Blázquez
Onte 4 de febreiro, cumpríronse cen anos do nacemento de Xosé Mª Álvarez Blázquez (Tui, 1915- Vigo, 1983), o escritor, libreiro, editor, mestre, arqueólogo, investigador, e moitas cousas máis, pero sobre todo galeguista, "galeguista de aceiro e pedra fina", tal que del ten dito Darío Xohán Cabana. Do seu inxente labor, ademais das numerosas obras […]