Presentouse O MEU PESADELO FAVORITO en Pontevedra

O pasado sábado, no Pazo da Cultura de Pontevedra e dentro dos actos do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, a escritora María Solar, acompañada pola investigadora Malores Villanueva e o escritor e editor Francisco Castro, presentou o Premio Lazarillo 2014 titulado O MEU PESADELO FAVORITO. Malores Villanueva explicou como o libro que María Solar […]

Presentación do novo libro de María Solar en Pontevedra

O salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra será o marco elixido para a presentación do Premio Lazarillo 2014 de literatura infantil que este ano recibiu a obra O MEU PESADELO FAVORITO de María Solar. O acto celebrarase ás 19.30 horas no marco do Salón do Libro de Pontevedra. A autora estará acompañada […]

Aprendendo literatura con 'A Esmorga'

"Un filme así dá un pulo importantísimo ao uso do galego entre a mocidade". A frase é dun dos docentes que acompañou o pasado mércores en Vigo aos alumnos e alumnas ao pase especial de 'A Esmorga'. Acudiron rapazas e rapaces de cinco centros de ensino da cidade olívica, enchendo tres salas dos cines Gran […]

Presentación de "O meu pesadelo favorito" en Compostela

María Solar presenta "O meu pesadelo favorito", o marabilloso libro co que gañou o Premio Lazarillo 2014, na Libraría Couceiro de Compostela mañá xoves ás 20h. Acompañarana Henrique Monteagudo, Xabier Díaz e Francisco Castro. Estades todas e todos convidados!

A maleta de Victoria Kent sigue a súa viaxe

Sae do prelo a segunda edición de A maleta de Victoria Kent, a última novela de Xerardo AgraFoxo. Un apaixoante libro que conta a historia de Liberto, un obreiro anarquista comprometido coa loita sindical ao que, co triunfo do golpe militar en Galicia, só lle quedarán dúas saídas para salvar a vida: entobarse entre os […]

Conversa con Santiago Lopo no Café de Catro a Catro

O escritor Santiago Lopo, gañador da última edición do Premio de Narrativa Breve coa obra A diagonal dos tolos, manterá mañá mércores a partir das 19h no Café de Catro a Catro de Vigo un encontro cos lectores e lectoras que o desexen. Organiza o acto ALITERACLARA OBRADOIROS LITERARIOS, 4 PATACOS e EDITORIAL GALAXIA.