A Editorial Galaxia xestiona a posta en escena da obra infantil de Carlos Casares, A galiña azul que a Secretaría Xeral de Política Lingüística achegará a un bo número de concellos galegos.
O programa FalaRedes 2017 ábrese hoxe cunha actividade que constitúe unha homenaxe ao autor a quen a Real Academia Galega lle dedica este ano o Día das Letras Galegas: Carlos Casares.
A galiña azul contén cinco historias entrelazadas que transmiten mensaxes tan importantes como a defensa da diversidade lingüística, a importancia das diferenzas ou a liberdade de expresión. Para iso, empréganse diferentes técnicas, como a narración oral, a manipulación de monicreques ou o clown.
Esta obra, representada pola compañía Ubú Teatro, chegará esta primavera a 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística e arrancamos hoxe en Valga, no Auditorio Municipal ás 18.00h, agardámosvos!!