Pelerinaxes onte no Ateneo de Pontevedra

Categoría: Nova


“Partindo do libro Pelerinaxes, de Otero Pedrayo, o realizador italiano Simone Saibene recrea o camiño feito polo escritor xunto a Vicente Risco e Ben-Cho-Sey, desde Ourense a San Andrés de Teixido, no ano 1927, a través dunha moza que percorre hoxe a mesma ruta”, así inicia a revista a súa crónica da presentación da documental que tivo lugar onte no Ateneo de Pontevedra. No acto, interviñeron o director da cinta, Simone Saibene, Francisco Castro, director xeral de Galaxia, Xaime Toxo polo Ateneo, e Víctor F. Freixanes, presidente da Fundación Otero Predayo. Un serán no que o público que encheu a sala viaxou a través da néboa do audiovisual a unha das camiñadas máis memorables da nosa literatura.

Compartir na redes sociais: