No Día da Muller: entrevista a Ana Cabaleiro no Faro de Vigo

Categoría: Nova

“Quería chamar a atención sobre o absurdo dos estereotipos de xénero”, destaca o xornalista  Ángel Graña dunha entrevista na que Ana Cabaleiro explica cales eran as súas intencións ao escribir os relatos que compoñen Sapos e sereas, un “libro combativo” respecto de “como nos contaron as historias e as voces que lle podemos dar a esas historias”, e que vén de chegar ás librarías entre as novidades do mes de marzo da Editorial Galaxia.
Así, Cabaleiro incide en que quixo crear “historias moi reais, contemporáneas e que xogan sempre con estereotipos. Por iso o título alude aos sapos e as sereas”. Tamén para deitar luz sobre as desigualdades: “Case todas as protagonistas do libro son mulleres porque quería que todas as voces fosen femininas. Outra característica deste libro tamén ten relación co feito de que son unha muller que provén do rural, entón toda esa parte de loita, de acomodarse ás circunstancias pois tamén está presente”.
No Día da Muller, Sapos e sereas: un libro para erger a voz por enriba das desigualdades.
Podes ler a entrevista completa aquí.

Compartir na redes sociais: