Galaxia aposta polo libro dixital

A aparición do libro dixital comportou sen dúbida a inmersión a nivel mundial do sistema editorial nun lento cambio de paradigma que dura ata os nosos días. Nesta carreira cara ao futuro, Galaxia non quixo perder o fío e dende hai xa tempo moitos dos nosos libros están dispoñibles tamén en formato e-pub. Camiño dos […]
Xornada na Fundación Penzol sobre arquivos privados

Durante a mañá do vindeiro 27 de outubro celebrarase na sede da Fundación Fermín Penzol en Vigo unha xornada sobre arquivos privados de familias e persoas. Esta xornada, de inscrición gratuíta, está especialmente dirixida, ademais de ao público interesado, a persoal técnico de arquivos, investigadores e estudantes universitarios. Coa presenza de especialistas vidos de Navarra, […]
Na butaca presentouse á prensa en Compostela

Onte presentouse en Compostela, nun acto presidido pola concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, a peza teatral Na butaca, escrita e dirixida por Esther Carrodeguas, levada aos escenarios da man da compañía ButacaZero, e que Galaxia publicará entre as súas novidades de outono coincidindo co día Mundial do Alzhéimer. Alí estivo, acompañando […]
Galaxia publicará Na butaca no Día Mundial do Alzhéimer

A Editorial Galaxia publicará entre as novidades deste outono a obra de Esther Carrodeguas Na butaca. Interpretada no escenario pol actriz Pepa Barreiro, baixo a dirección da propia Carrodeguas, a estrea terá lugar 0 21 de setembro no Teatro Principal de Compostela, e será a beneficio de Agadea Alzheimer. A Editorial Galaxia, que apoia o […]
Galaxia co teatro infantil e xuvenil

Nos últimos anos a Editorial Galaxia ten apostado forte pola publicación do teatro destinado ao máis novos. Deste xeito, nas coleccións Árbore e Costa Oeste apareceron títulos que van das novidades premiadas de Raquel Castro e Carlos Labraña ata os xa clásicos de Manuel Núñez Singala. As terapias da doutora Ledicia, de Raquel Castro (Salvaterra […]
A biografía de Rosalía de Castro: vontade literaria e indagación científica

Nestes meses do verán, non deixaron de chegar a nós máis lecturas de Rosalía de Castro: cantos de independencia e liberdade (1837-1863), o primeiro volume da nosa autora máis canónica que asina a profesora e investigadora María Xesús Lama. O que sen dúbida vai camiño de converterse no libro máis relevante do ano no ámbito […]
As novidades de Galaxia para este outono

En Galaxia afrontamos o outono e o Nadal con novidades para todos os públicos e todos os gustos, advertimos que non poderedes parar de ler!! En Literaria novelas intensas como Alma e o mar, de Francisco X. Fernández Naval ou Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantza Portabales. Aos relatos volve Antón Riveiro […]
Ismael Ramos incorpórase ao equipo da Editorial Galaxia

Ismael Ramos incorpórase ao equipo da Editorial Galaxia para desenvolver labores de comunicación. É graduado en Lingua e Literatura Españolas pola Universidade de Santiago de Compostela (2012-2016), onde recentemente completou un Máster en Estudos da Literatura e da Cultura (2016-2017) durante o cal realizou prácticas externas na Editorial Galaxia, período no que colaborou na organización […]