A Editorial Galaxia no Instituto Cervantes de Londres

O vindeiro martes, 26 de setembro, Día Europeo das Linguas, terá lugar ás 19h no Instituto Cervantes de Londres, un coloquio en colaboración coa revista Brit Es Magazine arredor da historia da Editorial Galaxia e as súas conexións coa lingua inglesa a través das traducións do seu catálogo. No acto participarán o director xeral da editorial, […]
Estrea de Na butaca no Día Mundial do Alzheimer

Mañá, xoves 21 de setembro, Día Mundial do Alzheimer, estréase no Teatro Principal de Santiago de Compostela (Rúa Nova, 21), Na butaca un longo monólogo tetral escrito e dirixido por Esther Carrodeguas, á fronte da compañía Butaca Zero, e protagonizado pola actriz Pepa Barreiro. Na obra abórdase o tema do esquezo como doenza dun xeito […]
Galaxia publica Anxel Huete. Unha revisión crítica

A Editorial Galaxia vén de inaugurar unha nova colección en colaboración co MARCO de Vigo, deste xeito, Anxel Huete. Unha revisión crítica convértese no primeiro exemplar de “Libros do MARCO”. Resultado da exposición que leva o mesmo nome e que se pode visitar na planta baixa do museo vigués ata o 1 de outubro, o […]
Ana Cabaleiro e Emma Pedreira fronte á tradición

A revista Tempos Novos publica no seu número de setembro un interesante artigo de Antía Monteagudo no que pon a dialogar, a raíz da subversión que fan da tradición, os dous grandes acontecementos literarios deste ano no campo da narrativa curta: Sapos e sereas de Ana Cabaleiro e Bibliópatas e fobólogos de Emma Pedreira. Deste […]
A cultura galega despide a Xohana Torres

Na noite do pasado martes e no día de onte, foron numerosísimas as mostras de cariño, respecto e fondo pesar que se puideron ler nas redes polo pasamento de Xohana Torres, figura central das nosas letras. Tamén dende a prensa tradicional chegaron numerosas aportacións que tentaban dar conta do carácter universal da escritora e dos […]
Xohana Torres, a dona dos mapas

Soubemos onte que nos deixaba Xohana Torres, escritora irrepetible, pioneira singularísima. Muller única entre homes de grandes nomes como Méndez Ferrín, Franco Grande, Rodríguez Mourullo, Ramón Lorenzo, Xosé Manuel Beiras, Bernardino Graña… Pertenceu á xeración de escritores que comezou a poñer en marcha a modernidade das nosas letras a través da histórica colección Illa Nova […]
Pelerinaxes seleccionada na Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo

Presentábase onte en Lugo a programación da 39 edición da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, na que foi seleccionado Pelerinaxes, o filme de Simone Saibene sobre o clásico de Otero Pedrayo. O filme xa fora finalista na categoría ‘Mellor documental’ dos Premios Mestre Mateo 2017, representou a Galicia no espazo CinéFil do […]
Xa están aquí os Catálogos coas novidades do 2017

A Editorial Galaxia pon á disposición dos seus lectores dous catálogos coas novidades deste 2017. Dous volumes que reunen os títulos aparecidos nas nosas coleccións máis prolíficas: Árbore e Sonárbore, dunha banda; e Costa Oeste e Literaria da outra. Fáciles de manexar e especialmente útiles para ter unha visión global do publicado ao longo deste […]