Ismael Ramos incorpórase ao equipo da Editorial Galaxia

Categoría: Evento, Nova

Ismael Ramos incorpórase ao equipo da Editorial Galaxia para desenvolver labores de comunicación. É graduado en Lingua e Literatura Españolas pola Universidade de Santiago de Compostela (2012-2016), onde recentemente completou un Máster en Estudos da Literatura e da Cultura (2016-2017) durante o cal realizou prácticas externas na Editorial Galaxia, período no que colaborou na organización do Premio Illa Nova de Narrativa 2017, do que foi xurado. Dende o ano 2015 forma parte do Consello de Redacción da histórica revista de creación poética Dorna, coa que colabora dende 2012.

Como poeta é autor da plaquette Hábitat/Interferencias (Premio Franciso Añón, 2013), do diálogo A ferida (con María do Cebreiro, 2013) e do poemario Os fillos da fame (Premio Johan Carballeira, Xerais, 2016). Poemas seus recóllense nas antoloxías No seu despregar (Apiario, 2016) e 13. Antoloxía da poesía galega próxima (Chan da Pólvora / papeles mínimos, 2017). E tamén colaborou en revistas como Clarín, Grial, Luzes ou PlayGround. Mantén na rede o blog o triste Stephen.

Compartir na redes sociais: