Nestes meses do verán, non deixaron de chegar a nós máis lecturas de Rosalía de Castro: cantos de independencia e liberdade (1837-1863), o primeiro volume da nosa autora máis canónica que asina a profesora e investigadora María Xesús Lama.
O que sen dúbida vai camiño de converterse no libro máis relevante do ano no ámbito do ensaio e a filoloxía, apareceu recentemente nas páxinas da revista Tempos Novos da man dun longo texto de Manuel Forcadela no que se gaban a capacidade de Lama para concitar “a actualización dunha serie de tópicos e de puntos de inflexión no debate sobre a poeta, que son, tamén, tópicos e puntos de inflexión sobre Galicia e a súa historia e a súa cultura” cunha lingaxe rica e accesible.
Pola súa banda, a crítica Inma Otero Varela recensionou este primeiro volume para o espazo online italiano Insula Europea destacando “la sensibilità con la quale analizza alcune scelte di Rosalía offre alcune delle migliori pagine di questa biografia, scritta con uno stile letterario e con il desiderio di farsi comprendere da tutti”, ao tempo que chama a atención sobre o rigoroso dos datos aportados e capacidade do conxunto para transportarnos aos distintos espazos vitais de Rosalía.
Velaquí novas lecturas que achegan novas olladas sobre un dos libros imprescindibles deste 2017, e sen dúbida xa un chanzo ineludible nos estudos rosalianos.
Podes ler a crítica completa de Insula Europea aquí.
E descargar a reportaxe de Tempos Novos aquí.