Feliz verán de libros!!

En agosto estaremos menos activos nas redes, pero oxalá vos acompañemos a través dos nosos libros!! Á volta máis novidades, máis historias, máis aventuras, máis música, máis libros!!
Expedición Tilovonte, de Carlos López, na Feira da Coruña

Chega á Feira da Coruña a expedición máis tola, divertida, disparatada… e incrible de todos os tempos! Nun mundo no que de todo pode pasar, en efecto, pasa de todo! Unha fervenza imaxinativa, a de Carlos López, que vai atraparte durante unha viaxe imposible de esquecer. Atréveste? Agardámoste o martes 8 de agosto, xunto ao […]
Miguel Anxo Fernández na Feira do Libro da Coruña

A Feira da Coruña prosegue a súa andaina e o luns teremos un novo acto, desta volta o escritor Miguel Anxo Fernández presenta a súa última novela Blues para Moraima, gañadora do Premio Blanco Amor 2016. Co escritor e cineasta estará Ángel de la Cruz e Carlos Lema. Tamén o luns asinará exemplares da súa […]
Víctor F. Freixanes e Marilar Aleixandre na Feira do Libro da Coruña

Comeza a Feira da Coruña e este venres temos dúas presentacións moi importantes para nós. Víctor F. Freixanes presenta a reedición de Unha ducia de galegos, un libro que saíu en agosto de 1976 e constituíu un extraordinario acontecemento editorial na Galicia daquel tempo; tres mil exemplares que se agotaron en apenas tres meses. O seu […]
Pelerinaxes gaña o primeiro premio no 21º Avanca Film Festival (Portugal)

O filme Pelerinaxes, do director italo-galego Simone Saibene, recibiu onte o máximo galardón na sección documental no Avanca Film Festival, un dos festivais máis lonxevos de Portugal. O premio foi ex aequo con Flames de Throwell e Decker, outro filme que xunto co de Saibene impresionou favorablemente o xurado. Pelerinaxes fai o percorrido que hai […]
Galaxia na Feira do Libro de Ponteareas

Ponteareas celebra esta fin de semana a Feira do Libro, que se fará por primeira vez nesta localidade. Durante estes días haberá actuacións, presentacións de libros, animación infantil e sorteo de libros e dunha estancia no Balneario de Mondariz. A Editorial Galaxia estará presente con todo o seu catálogo. Ademais o venres ás 19.00h presentaremos o […]
A Esmorga xa en Filmin

O vindeiro 25 de xullo, Día de Galicia, o cinema galego e en galego está de noraboa. O lanzamento da filmografía de Ignacio Vilar en Filmin contribuirá á difusión do noso cinema tanto en España coma en Portugal. Desta maneira A esmorga (2014), a exitosa película de Ignacio Vilar da que a Editorial Galaxia é coprodutora xunto con Via Láctea […]
95 anos de Luz

Hoxe a poeta Luz Pozo Garza cumpre 95 anos e a Real Academia Galega réndelle esta tarde unha homenaxe. Dende a Editorial Galaxia sumámonos a esta iniciativa e festexamos os 95 anos de Luz. Naceu en Ribadeo en 1922. En 1936 trasladouse a Lugo, sendo seu pai perseguido polo fascismo, e logo a Larache (Marrocos). […]