Onte presentouse en Compostela, nun acto presidido pola concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, a peza teatral Na butaca, escrita e dirixida por Esther Carrodeguas, levada aos escenarios da man da compañía ButacaZero, e que Galaxia publicará entre as súas novidades de outono coincidindo co día Mundial do Alzhéimer.
Alí estivo, acompañando á autora, á actriz Pepa Barreiro e a Isabel Gey, presidenta da asociación Agadea, Francisco Castro, director xeral desta casa, quen afirmou que esta trátase dunha “aposta especial por tres motivos: polo que significa o teatro en Galicia, por poder lanzar unha obra de Esther Carrodeguas e, finalmente, por colaborar cunha causa social de tanta importancia”. A obra estrearase no Teatro Principal compostelán o 21 de setembro.
Tamén podes ver fragmentos da rolda de prensa grazas a Nós Televisión aquí.