César Antonio Molina, Premio Europeo Alberico Sala

Un xurado internacional composto por críticos de Italia, Gran Bretaña, Francia e España decidiu outorgar ao poeta de Eume, César Antonio Molina, o Premio Europeo Alberico Sala polo conxunto da súa obra poética. O galardón seralle entregado o vindeiro sábado en Milán. Entre os gañadores do premio en edicións anteriores figuran nomes da talla de […]

Recoñecemento internacional para 'O armiño dorme'

'O arminho dorme' –versión ao portugués do Brasil da novela O armiño dorme, de Xosé A. Neira Cruz- vén de recibir o Premio FNLIJ ao mellor libro xuvenil publicado no Brasil en 2009. Este galardón, concedido anualmente pola Fundaçâo Nacional do Livro Infantil e Juvenil do Brasil (máxima institución brasileira representativa do ámbito do libro […]

Presentación en Pontevedra de PRISCILIANO NA CULTURA GALEGA

Este mércores terá lugar, nas instalacións de Caixanova na cidade do Teucro, do libro de Victorino Pérez Prieto, 'Prisciliano na cultura galega'. Este acto contará coas intervencións de Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Eduardo López Pereira, Catedrático da UDC, Rubén Aramburu, cura e escritor, e o autor. O libro supón un completo percorrido […]

Presentación de 'As novelas da memoria' en Ferrol

Este martes, organizado pola Galería Sargadelos e a A.C. Fuco Buxán, presentarase o libro "As novelas da memoria" de John Tompson editado por Galaxia. O acto dará comezo ás 20 horas coa participación de Xosé Manuel Sarille,escritor e fundador da Mesa pola normalización lingüística,Manuel Cendán,membro da Asociación Fuco Buxán e tamén o autor.

Entrega do Pedrón de Ouro a Camilo Nogueira

O enxeñeiro, economista e político nacionalista Camilo Nogueira (Vigo, 1936) recibirá o Premio Pedrón de Ouro 2010, concedido polo padroado da Fundación Pedrón de Ouro. Trátase dun galardón que distingue a unha personalidade ou entidade viva e residente en Galicia que teña destacado na defensa e promoción da cultura nacional durante o último ano ou […]

A COCIÑA DE LARPEIROS en Ponteceso

O xenial cociñeiro Benigno Campos estará esta fin de semana polas terras de Ponteceso para falar do seu libro A cociña de Larpeiros, unha das grandes sorpresas editoriais dos últimos anos na nosa terra. Para o acto contará coa colaboración dun dos grandes da nosa literatura como é Xabier Puente Docampo. Unha fin de semana, […]

'Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim'

Made in Galiza, o libro de Séchu Sende que recibiu o Premio Ánxel Casal ao mellor libro do ano 2007, foi presentado o pasado 17 de maio, Día das Letras Galegas, no Kurdistán da man da prestixiosa editorial Avesta, co título: Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim, "Nin en soños vou […]

Miguel Anxo Fernández recibiu o Ramón Cabanillas

Nun emotivo acto, o escritor e crítico de cine Miguel Anxo Fernández recibiu o VII Premio Ramón Cabanillas, que conceden as librerías Ramón Cabanillas e Contos de Cambados. Na foto podemos ver ao Catedrático Francisco Fernández Rei no instante da entrega ao escritor galardoado. No noso blog podes ver unha completísima fotogalería de todo o […]