César Antonio Molina, Premio Europeo Alberico Sala

Categoría: Nova

Un xurado internacional composto por críticos de Italia, Gran Bretaña, Francia e España decidiu outorgar ao poeta de Eume, César Antonio Molina, o Premio Europeo Alberico Sala polo conxunto da súa obra poética. O galardón seralle entregado o vindeiro sábado en Milán.
Entre os gañadores do premio en edicións anteriores figuran nomes da talla de Rafael Alberti ou Mario Vargas Llosa.
O acto de entrega dos premios terá lugar o vindeiro sábado en Milán. Como homenaxe á súa obra, o gran actor italiano Alessandro Quasimodo, fillo do nobel de Literatura Salvatore Quasimodo, lerá unha selección dos seus poemas traducidos ao italiano e publicados pola editorial Dante e Descartes (2007) baixo o título de 'Custode delle antiche forme'.

Compartir na redes sociais: