"Tender a man" con Uxío Novoneyra

"Tender a man" naceu coma un colectivo para espallar a poesía a través de novas linguaxes: a música, a danza, a recitación dos textos. Coincidindo coas celebracións da Real Academia Galega en Seoane do Courel, en homenaxe ao autor de "Os eidos" e "Do Courel a Compostela", o grupo presentou a súa última produción. Forman […]

A cidadanía coa lingua galega

A praza do Obradoiro encheuse a rebordar. Non cabía unha agulla. Miles de persoas nas prazas e nas rúas de Santiago, convocados pola plataforma "Queremos galego", reclamando unha política decidida a prol do idioma galego e a derogación do Decreto de Plurilingüismo que pretende implantar a Xunta de Galicia e que nos últimos días vén […]

Homenaxe a Novoneyra no Courel

Cunha grande afluencia de público, que non cabía na sala, na vella escola de Sabane, ou Seoane do Courel, onde dous anos antes tamén se celebrraran os actos dedicados a María Mariño, interviñeron os académicos Manuel Rivas, Margarita Ledo Andión, Darío Xohán Cabana e Manuel González, abordando distintos aspectos da palabra do autor de "Os […]

As andoriñas que veñen da infancia

Hai unhas semanas, presentabamos en público 'A abella abesullona' un conto lindísimo que sae da fecunda -e poética- imaxinación de Manuel Janeiro. De seguido, reproducimos, pola súa beleza e interese (non exentas de retranca), as verbas do autor sobre o seu propio libro. "Preguntáronlle un vez a Martin Amis: "Que quixo dicir vostede neste libro?", […]

A Galicia de Montevideo. Unha biografía de Xesús Canabal

Estes días irá chegando ás librerías de todo o país o novo libro do escritor, libreiro e editor galego Manuel Losa Rocha, A Galicia de Montevideo. Unha biografía de Xesús Canabal (1897-1985), na que o autor, ao tempo que repasa a vida a vida deste emigrante ao Uruguai e o seu fundamental papel como empresario […]

A FAMA, de Daniel Kehlmann, premiada en Francia

Esta fin de semana coñeciamos que a novela, recentemente publicada por Galaxia , 'A fama' de Daniel Kehlmann vén de recibir o Premio Cévennes á mellor novela europea, un prestixioso galardón que está patrocinado por "Le Monde des livres", o máis importante suplemento de libros de Francia. Outro dos finalistas era Jean-Philippe Toussaint, de quen […]

Autores e autoras galegos no LITVI

Hoxe dá comezo, dende Estella (Navarra), unha viaxe que vai traer a Compostela unha serie de escritores e xornalistas xa non só galegos senón doutras latitudes internacionais e do resto do estado español dentro do marco do 'Encontro Internacional de Literatura de Viaxes' que, a partir do día 20, e durante unha semana, estará centrado […]

Presentación de NUNCA TE VIN CHORAR

Ateigado de xente, o Café Moderno de Pontevedra foi onte o escenario perfecto para o acto de presentación en sociedade da última novela de Miguel Suárez Abel, quen estivo acompañado na mesa por Xaime Toxo, presidente do Ateneo pontevedrés, Víctor F. Freixanes e Fina Casalderrey. O editor Víctor F. Freixanes fixo un percorrido pola traxectoria […]