O xenial cociñeiro Benigno Campos estará esta fin de semana polas terras de Ponteceso para falar do seu libro A cociña de Larpeiros, unha das grandes sorpresas editoriais dos últimos anos na nosa terra.
Para o acto contará coa colaboración dun dos grandes da nosa literatura como é Xabier Puente Docampo.
Unha fin de semana, xa que logo, de conversas e pucheiros.