Este mércores terá lugar, nas instalacións de Caixanova na cidade do Teucro, do libro de Victorino Pérez Prieto, 'Prisciliano na cultura galega'.
Este acto contará coas intervencións de Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Eduardo López Pereira, Catedrático da UDC, Rubén Aramburu, cura e escritor, e o autor.
O libro supón un completo percorrido pola figura de Prisciliano, entendida como un símbolo necesario, tamén, para entender o país que somos.