O enxeñeiro, economista e político nacionalista Camilo Nogueira (Vigo, 1936) recibirá o Premio Pedrón de Ouro 2010, concedido polo padroado da Fundación Pedrón de Ouro. Trátase dun galardón que distingue a unha personalidade ou entidade viva e residente en Galicia que teña destacado na defensa e promoción da cultura nacional durante o último ano ou ao longo da súa vida.
A entrega destes galardóns terá lugar o próximo 23 de maio nun acto literario que se celebrará na Casa Museo de Rosalía, en Padrón. Contará ademais coa participación do catedrático de Historia Contemporánea da USC Xusto Beramendi.