Chega a época dos cogomelos
Co outono chega o momento de disfrutar dos cogomelos, un dos praceres da boa mesa. Seducen tanto polas súas formas suxerentes como polo seu excelente sabor.
Máis dun centenar de personas acuden á presentación dos dous primeiros volumes da obra xornalística de Casares

Toda a produción xornalística asinada por Carlos Casares en La Voz de Galicia, baixo o epígrafe de Á marxe, vai ser publicada por Galaxia na colección Biblioteca Carlos Casares. O 4 de abril de 2006 en Vigo foron presentados os dous primeiros volumes da serie, os correspondentes aos anos 1992 e 1993. A columna de […]
Unha comunidade perseguida

Xavier Alcalá tense salientado como un escritor que presta as súas mans e a súa capacidade narrativa para desenterrar historias que agochan a esencia do ser galego. Os feitos que ha relatar nesta novela que pecha a triloxía, editada por Galaxia desde o primeiro volume, Evanxélica memoria e que se ha titular Unha falsa luz […]
Editorial Galaxia edita en galego ao mesmo tempo que se publica en Europa "Cruceiro de verán".

Unha das noticias literarias do ano, a nivel mundial, é o achado e publicación dunha novela inédita de Truman Capote titulada Cruceiro de verán. Escrita en 1943, o autor norteaméricano traballaría nela durante unha década para, finalmente, deixala rematada pero sen chegar a publicala nunca. Galaxia editaa agora, poucos mese despois de que aparecera a […]
Darío Xohán Cabana ingresa na Real Academia Galega e publica con Galaxia "Cabalgada na brétema" un poemario que libera enerxía comunal.

O salón de actos da Real Academia Galega (RAG), na coruñesa rúa de Tabernas, non daba máis de si aos poucos minutos que o lugués Darío Xohán Cabana fixera a súa entrada. Cabana leu un extenso discurso de ingreso que levaba por título De Manuel María a Ferrín: a grande xeración, no que enxalzou a […]
Paco Martín, Premio Nacional de Literatura Infantil en 1986 por "Das cousas de Ramón Lamote", publica en Galaxia o libro de contos "A bisneta lercha"

Paco Martín asegura que, segundo lle dita a súa experiencia profesional -39 anos sendo mestre-, aos rapaces non lles gusta a correccón política das versións dos contos clásicos e afirma que a el tampouco. O escritor lucense quixo escoller, polo menos, un relato de cada un dos tres grandes escritores da tradición de contos europea. […]
Nunha calorosa e entusiasta presentación o profesor Díaz-Fierros e Editorial Galaxia celebran a publicación de "A cuestión ambiental en Galicia"

O 11 de maio no Consello da Cultura Galega Francisco Díaz Fierros Viqueira acompañado do seu editor Víctor F. Freixanes, do biólogo Uxío Labarta e de Ramón Villares Paz, presidente do Consello da Cultura Galega, presenta A cuestión ambiental en Galicia. Raíces dunha nova cultura (1750-1972), o ensaio que acaba de sair do prelo hai […]
Unha novela con vistas
Na súa onda de escritor provocador, Jaureguizar volve a palestra o 21 de febrero de 2006 para presentar en Compostela a novela coa que acadou a última edición do Premio García Barros de novela: Cabaret Voltaire. Na Galería Sargadelos de Compostela e acompañado por Carlos Lema, responsable de edicións de Editorial Galaxia, Jaureguizar fala dunha […]