Darío Xohán Cabana ingresa na Real Academia Galega e publica con Galaxia "Cabalgada na brétema" un poemario que libera enerxía comunal.

Categoría: Nova

O salón de actos da Real Academia Galega (RAG), na coruñesa rúa de Tabernas, non daba máis de si aos poucos minutos que o lugués Darío Xohán Cabana fixera a súa entrada.

Cabana leu un extenso discurso de ingreso que levaba por título De Manuel María a Ferrín: a grande xeración, no que enxalzou a grande labor dos escritores en lingua galega xurdidos durante a ditadura franquista e, de forma moi especial, a figura do falecido Manuel María, de quen pasa a ocupar a cadeira.

O discurso foi contestado por un dos autores citados no mesmo: Xosé Luís Méndez Ferrín. Este cualificou a Darío de "un gran poeta do noso, grande, entre outra cousas pola limpeza das súas palabras", aínda que recoñeceu que a Academia tivera máis en conta os seus contos e novelas.

Darío Xohán Cabana ven de publicar con Galaxia na súa colección de Clásicos Universais a edición da Antoloxía do doce estilo novo e nunhas semanas editará un novo poemario, tamén en Galaxia, que leva o título Cabalgada na brétema. É este o primeiro libro logo de Vinte cadernos, libro que pecha un ciclo, nel o autor recolle totdo o publicado ata os cincuenta anos, logo no 2003 cando o poeta escribía Cabalgada na brétema "sentía que non tiña nada atrás, que empezaba de cero, tamén formalmente".No novo poemario hai moitas obsesións persoais que acompañan ao autor lugués dende hai moito tempo, hai, en certo modo unha fasquía de reconto vital. Pero o libro corresponde tamén a un sentir colectivo, a unha visión colectiva. Porque, ademáis, "está en débeda con outros poetas, con moitos outros libros.

Cabalgada na brétema naceulle a Darío hai seis ou sete anos e procede, como el di, dun soño.

Compartir na redes sociais: