Paco Martín, Premio Nacional de Literatura Infantil en 1986 por "Das cousas de Ramón Lamote", publica en Galaxia o libro de contos "A bisneta lercha"

Categoría: Nova

Paco Martín asegura que, segundo lle dita a súa experiencia profesional -39 anos sendo mestre-, aos rapaces non lles gusta a correccón política das versións dos contos clásicos e afirma que a el tampouco.

O escritor lucense quixo escoller, polo menos, un relato de cada un dos tres grandes escritores da tradición de contos europea. Decidiuse finalmente polos que considerou máis coñecidos: os irmáns Grimm, Perrault e Andersen, e escolleu respectivamente: Carapuchiña vermella, O gato con botas e O parrulo feo. Asemade Paco quixo dar a súa visión do tema e para eso rebautizou os contos com " A rapaza que todos querían ben aínda que non a visen senón unha soa vez", "Felix" e "Parrulo". Engadiu un relato: "Perdición" polo que fai desfilar personaxes de moitos contos tradicionais.

Para elexir o título o autor quixo xogar cos contos da avoa e procuroulle nun primeiro momento o título de Contos da bisneta lercha que ficou como A bisneta lercha co subtítulo de Contos de sempre para ler hoxe.

Paco Martín afirma con rotundidade que hai diferenza de interpretación destes contos tradicionais ao longo do tempo e afirma que "As variantes que se introduciron a partir dos anos sesenta eliminaron as partes conflitivas baixo a influencia da ética de hoxe en día. Negaron o machismo dos contos tradicionais, o clasismo, a crueldae. Gardaban unha gran carga de crueldade todos os relatos da tradición, que seguramente responde a circunstacias concretas dunha época, na que ese machismo ou ese clasismo, esa crueldade en definitiva, podía ser certa, real. A tradición dos contos levaba, ademáis, unha función educativa. Pero educativa non sempre en sentido positivo… Se es submisa, has casar cun principe… Dese estilo".

Pensa o lucense que os contos tradicionais non eran para cativos, contábanse e xa está. Ao pé da lareira, á beira do río, onde cadrase.

A bisneta lercha non é un libro para rapaces; pero tamén é un libro para eles. Cansou Paco Martín dos contos tradicionais amolecidos, da corrección política que lles introduciron e el sabe, por experiencia, que aos rapaces tampouco.

Compartir na redes sociais: