Galaxia lembra o medio século de [i]Merlín e familia[/i] cunha exposición no Museo do Pobo Galego

A Editorial Galaxia quere celebrar o cincuenta aniversario da edición dunha obra fundamental para a nosa literatura e dun autor imprescindible. Para iso ofrece a exposición: 50 anos con Merlín e familia, que permanecerá aberta desde o 15 de setembro ao 30 de novembro no Museo do Pobo Galego. Tres partes son as que conforman […]
A exposición [i]Travesías. Galicia, terra de navegantes[/i] que Galaxia inaugurou pegada á Volvo supera os seis mil visitantes en menos dun mes

Seis mil visitantes pasan pola exposición que Galaxia ofrece sobre navegantes e navegación en Galicia. A casa das Artes de Vigo acollerá un mes máis o evento, que permanecerá ata o 25 de xaneiro de 2006. Travesías é unha exposición multicéntrica que nos fala de tres viaxes oceánicas vinculadas estreitamente con Galicia, mergúllase no mundo […]
Un epistolario reflicte a amizade entre Del Riego e Carballo Calero

"Querido irmán", "Meu querido amigo" ou "Querido Paco". Deste xeito comezaban todas as cartas que Carballo Calero enviou durante cincoenta anos a don Paco del Riego e que agora aparecen recollidas nun libro de cartas que Galaxia saca do prelo coa colaboración da Deputación da Coruña. Montse Pena e Dolores Vilavedra foron as encargadas da […]
Alfredo Conde define "Lukumí" como unha volta a casa

Como "un regreso a casa" definiu Alfredo Conde a publicación da edición galega da súa novela Lukumí, en Galaxia, a editorial onde viu a luz o seu primeiro libro: Mencer de lúas. Nun encontro coa prensa o día 2 de febreiro de 2006 en Compostela, días antes de que saian do prelo as edicións en […]
Kazuo Ishiguro gaña o Premio Novela Europea Casino de Santiago
"Conto para non comer" vén de ser seleccionado para a exposición The Withe Ravens 2006

Igual que Que contan as ovellas para durmir? de Kiko da Silva, editado tamén por Galaxia na colección Os duros que obtivo o White Ravens no 2005 Conto para non comer está presente na maior feira de libro infantil e xuvenil do mundo. 250 libros para nenos e mozos en 32 idiomas e de 47 […]
Primeira tradución ao árabe dun libro de Cunqueiro editado por Galaxia na súa lingua orixinal.

O Director do Instituto Cervantes, César Antonio Molina, presentou o pasado mes de febreiro de 2006 en Mondoñedo (Lugo) xunto co Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, a primeira tradución ao árabe dun libro do polifacético escritor Álvaro Cunqueiro. Trátase dunha das máis célebres novelas do escritor mindoniense, Si o vello Simbad volvese […]
Recuperan a Ramón Piñeiro mirado por Casares
Ramón Piñeiro López nace na parroquia de Armeá de Láncara en Lugo no ano 1915. Dende mozo interviu no movemento galeguista e xa en 1932, en plena II República, entra en relación con círculos galeguistas lucenses, coa que participará na fundación da Mocidade Galeguista Local. Ao ano seguinte asiste á Asemblea do Partido Galeguista, onde […]