"Spam", Premio Blanco Amor 2005, presentada en Neda

Na fermosa Casa das Palmeiras de Neda tivo lugar a presentación da novela gañadora do último Premio Blanco Amor, Spam de Francisco Castro, que como cada ano publica Galaxia. Ante a presencia de autoridades coma o Vicepresidente da Deputación da Coruña, Xaime Bello, e representantes do Concello de Cedeira, encargado da organización do premio na […]

Presentación de "Xelamonite", de Luís Paradelo

Unha novela distinta, esixente e crítica. Unha nova aportación ao discurso literario galego, que agradece a aparición de voces novas. Moi poucas veces a literatura galega abordou esta cuestión. Nestas apreciacións coincidiron as tres persoas que participaron na presentación da novela Xelamonite, de Luís Paradelo: Carlos Fernández, Manuel Vidal Villaverde e o editor Carlos Lema. […]

Ramón Villares ingresa na RAG

Nun acto solemne celebrado no paraninfo da Universidade de Santiago tivo lugar a lectura do discurso de ingreso de Ramón Villares, co título de "Fuga e retorno de Adrián Solovio. Sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista", no que desde o punto de vista do historiador, se analiza a figura de Otero Pedrayo a partires […]

Entrega do I Premio de Narrativa Breve Repsol YPF

O acto estivo presidido pola Secretaria Xeral de Política Lingüística Dna. María Sol López Martínez, o Director Delegado do Complexo Industrial de Repsol YPF A Coruña, D. Rafael Rubio Fernández e o Tenente de alcalde do Excmo. Concello de A Coruña, D. Carlos González Garcés. Esta primeira edición do Premio Narrativa Breve Repsol YPF, fallado […]

Álvaro Cunqueiro en Damasco

Coa presencia dalgunhas primeiras autoridades da República Árabe de Siria e unha importante representación das embaixadas de Cuba, Arxentina, Venezuela, Brasil e España, inaugurouse en Damasco a biblioteca "Alvaro Cunqueiro", nas novas instalacións que o Instituto Cervantes dispón na capital siria. En palabras do director do Instituto, o xornalista e poeta César Antonio Molina, que […]

Editorial Galaxia presenta "O goberno do mundo"

Editorial Galaxia e a Fundación Carlos Casares queren poñer a disposición dos lectores as palabras pronunciadas nos II Encontros de Mondariz-Balneario, que tiveron lugar en setembro do ano 2004. A finalidade destes encontros é a de reunir xentes de distintas procedencias ideolóxicas e profesionais para discutir temas políticos e culturais de transcendencia internacional, nun ambiente […]

Chega a época dos cogomelos

Co outono chega o momento de disfrutar dos cogomelos, un dos praceres da boa mesa. Seducen tanto polas súas formas suxerentes como polo seu excelente sabor.