Dobrete para Miguel Anxo Murado

O xurado do XXIII Premio Antón Losada Diéguez acordou conceder o premio de creación literaria á narración O soño da febre, de Miguel Anxo Murado. Neste caso, os responsables da selección destacan que ’partindo dun episodio real da vida do autor, preséntasenos unha galería de historias sorprendentes, ás veces oníricas e ás veces simbólicas, sempre […]

Conferencia de Darío Xohán Cabana sobre Xosé María Álvarez Blázquez

A primeira das actividades paralelas á exposición A palabra e os días, destinadas a homenaxear e dar a coñecer ao protagonista das Letras Galegas 2008, o escritor e editor Xosé María Álvarez Blázquez, tivo lugar onte no salón de actos da Casa Galega da Cultura. Presentaron o acto Xesús López Carreira, Concelleiro de Cultura do […]

Outro premio para "Ollos de auga"

Un libro de éxito, sen dúbida, e unha magnífica estrea para un escritor que comenzaba. A novela Ollos de auga non para de dar satisfaccións. Acabamos de sacar a rúa a quinta edición en lingua galega dunha novela que se confirma coma un dos acontecementos editoriais dos últimos anos. O detective Caldas, o seu protagonista, […]

Galaxia cerrou o seu exercicio de 2007 cun crecemento de facturación do 13,8 %

As empresas de Editorial Galaxia (Editorial Galaxia S.A. e Merlín Comunicación S.L.) cerraron o exercicio do ano 2007 cun volume neto de negocio de 2.153.762 euros, fronte aos 1.891.603 euros do ano 2006. Esta cifra representa un 13,8 % de crecemento no volume neto de negocio, descontados as marxes de desconto a librerías e outros […]

Galiza e Europa, por Camilo Nogueira

Europa, o continente pensado, trata do carácter histórico e político da Unión Europea, incluindo unha análise do conxunto dos Tratados da UE e do proxecto de Tratado Constitucional, o relato da crise do proceso de ratificación da Constitución (que aprobaran a Convención, o Consello Europeo e o Parlamento Europeo) e, dentro do conxunto de cuestións […]

Murado descóbrenos Palestina

Un libro que parte das vivencias persoais do autor para relatar, coma nunha novela, a epopea dun pobo a través dos ollos dun dos narradores galegos con meirande capacidade para descubrir as historias agachadas na tona da realidade. Cun ritmo narrativo e unha prosa que engaiolan o lector, Miguel Anxo Murado conta a súa viaxe […]

Premios da Crítica para Murado e Borrazás

Non hai dous sen tres. Despois do premio da AELG e o Losada Diéguez, o libro de relatos O soño da febre do xornalista e escritor Miguel Anxo Murado obtén este recoñecemento, segundo o fallo do xurado, polo seu "universalismo vivenciado, a integración dos relatos cortos e a eficacia dun recurso onírico que non rompe […]

Francisco Castro leva "As palabras da néboa" á Casa do Libro

Os dous presentadores coincidiron en salientar as cualidades que convirten a esta novela nun fito no devir narrativo de Francisco Castro. Carlos Lema pasou revista á produción novelística do autor, a quen seguiu atentamente dende Play-back (1997), confirmando a súa calidade en Xeración perdida (2004) e Spam (2006), e leu o texto no que o […]