Xosé María Álvarez Blázquez e o Día das Letras Galegas

Carlos L. Bernárdez preparou para a colección LETRAS GALEGAS a Vida e obra de Xosé María Álvarez Blázquez, unha viaxe pola vida e o tempo histórico de Álvarez Blázquez, que presenta a significación da súa obra e escolma unha serie de textos representativos, tanto en verso como en prosa, cunha interesante aportación gráfica. Outra das […]
Miles de galegos polo dereito á lingua

A pesar da chuvia as rúas de Santiago de Compostela enchéronse de manifestantes, encabezados por unha pancarta portada por nenos na que se podía ler "Súmate connosco ao futuro do galego". A continuación, e portando a faixa co lema da manifestación, "Polo dereito a vivirmos en galego", ían os membros da Comisión Permanente da Mesa […]
Presentación dos poemarios "Canle segredo" e "Vento de sal"

Interviñeron Carlos Lema, director de edicións de Galaxia e tamén poeta, a profesora de lingua e literatura galega Amparo Solla, e finalmente, por partida doble -como autor e fillo- Xosé María Álvarez Cáccamo. Amparo Solla foi a encargada de ler e comentar, desde a análise literaria pero sobre todo desde a emoción, os poemas de […]
Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

As Árbores de Galaxia están repletas de froitos este ano. Novos libros para todos os banzos lectores, pero tamén libros de sempre que recuperamos en novo formato, como é a volta dun dos personaxes literarios máis populares das nosas letras: Ramón Lamote. Vintetres anos despois daquela primeira descuberta: Das cousas de Ramón Lamote, coa que […]
Premios para autores de Galaxia

Inma López Silva gañou o Premio Blanco Amor 2007, organizado nesta edición polo Concello de Lugo, pola novela Memoria de cidades sen luz, na que recupera a época da Guerra Civil e o florecemento de galeguismo histórico na Coruña dos anos 30. Convértese así na terceira muller en obter este premio, tras Ursula Heinze e […]
Dúas traducións de Galaxia obteñen axudas da Comisión Europea

Unha moi boa nova e a confirmación de que imos polo bo camiño na aposta firme da publicación de narrativa europea e universal, combinando as novidades -publicadas antes ou ao mesmo tempo ca en castelán- cos grandes clásicos. Un chanzo máis no avance cara á normalidade nas relacións entre o campo literario galego e as […]
Exposición homenaxe a Xosé Mª Álvarez Blázquez

Unha viaxe pola biografía e a obra dun autor fundamental na edición galega, a quen este se adica o Día das Letras Galegas. O visitante poderá achegarse a súa obra a través do material bibliográfico exposto, tanto da súa autoría como da súa faceta de editor, e a súa vida a través dos obxectos persoais […]
Galaxia e El País reeditan a colección "O Moucho"

Xosé María Álvarez Blázquez, na Editorial Castrelos, concebiu esta colección coa idea clara de introducir a lingua galega nos fogares do país. Entre 1967 e 1983 puxo na rúa 64 títulos en formato accesíbel e popular, con tiradas de entre 3000 e 5000 exemplares e chegando a acadar co Catecismo do labrego a impresionante cifra […]