Non hai dous sen tres. Despois do premio da AELG e o Losada Diéguez, o libro de relatos O soño da febre do xornalista e escritor Miguel Anxo Murado obtén este recoñecemento, segundo o fallo do xurado, polo seu "universalismo vivenciado, a integración dos relatos cortos e a eficacia dun recurso onírico que non rompe cos espazos coñecidos".
Xurxo Borrazás recibiu o premio na categoría de ensaio e pensamento pola obra Arte e parte. Dos patriarcas á arte suicida pola "profundidade do autor, a súa madurez intelectual e os seus orixinais enfoques.
A entrega dos premios terá lugar en Mondariz o vindeiro 31 de maio.