Fin de semana para a poesía

Como todos os 21 de marzo a(r)marémonos de versos para levar mellor o mundo. Consideraremos o tamaño exacto da realidade tentando metelo dentro dunha metáfora. Perseguiremos sílabas e música entre as liñas dunha frase inspirada. Volveremos sobre os libros dos poetas que nos emocionaron. Diremos, como Neruda, que confesamos que vivimos. Como Celso Emilio Ferreiro, […]

153 anos dun Banquete fundacional

Un 27 de marzo, pero do ano 1856 e por iniciativa de Aurelio Aguirre, celebrábase en Compostela o Banquete de Conxo, un evento que dalgunha maneira viña mudar a maneira de entender a cultura galega que loitaba por espertar dun sono escuro que xa duraba séculos. Estamos en pleno Rexurdimento, e figuras como Pondal non […]

Día do Libro Infantil e Xuvenil

Hoxe celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e xa que logo, é unha xornada máis que perfecta para recordar o importante que é centrar os esforzos na promoción da lectura para engaiolar aos pequechos e pequechas da casa no hábito lector. Para iso, é esencial que as editoriais, así como os mediadores, […]

Os novos títulos da Biblioteca Compostela

A rolda de prensa contou coas intervencións da concelleira de cultura de Santiago, Socorro García Conde, do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, e do director de edicións, Carlos Lema. Todos resaltaron a importancia da colaboración da empresa coas institucións públicas para facer posible a creación, e fundamentamente, a continuidade de proxectos tan ambiciosos […]

Finou Eloi Lozano

Onte martes produciuse o pasamento en Compostela dun construtor de soños. Eloi Lozano, ademais de ser o fundador do Festival de Cine de Ourense, foi tamén o primeiro que rodou en 35 mm. na nosa lingua, concretamente unha adaptación da obra de Xosé Luis Méndez Ferrín, "Retorno a Tagen Ata". Entre a súa produción destacan […]

"Memoria de cidades sen luz" preséntase en Ames

Este sábado, ás 17 horas, na Praza do Concello de Ames, a escritora Inma López Silva presentará, na compaña de Manuel Guede, a súa novela "Memoria de cidades sen luz" que foi merecente do Premio Blanco Amor de Novela o ano pasado. A novela, que está a gozar dun grande éxito de vendas e crítica, […]

Editorial Galaxia no Congreso Iberoamericano de Libreiros

O debate centrouse no futuro do libro dixital e a incidencia das novas tecnoloxías na industria editorial tal como se concibe na actualidade. Para Freixanes "o libro avanza no proceso de transformación ou adaptación ás novas tecnoloxías con moita máis estabilidade e moita máis capacidade de transición que outras industrias culturais, como o audiovisual ou […]

Editores galegos na Feira do Libro de Buenos Aires

Unha representación da edición galega, na que se encontraba Galaxia, presentan á dirección da Feira a posibilidade dunha Semana da Cultura Galega no 2010. A directora da Feira do Libro, Marta Díaz, filla de emigrantes de Baralla (Lugo), acolleu moi ben a iniciativa dos editores galegos, que consiste en ampliar a presenza da industria editorial […]