O debate centrouse no futuro do libro dixital e a incidencia das novas tecnoloxías na industria editorial tal como se concibe na actualidade. Para Freixanes "o libro avanza no proceso de transformación ou adaptación ás novas tecnoloxías con moita máis estabilidade e moita máis capacidade de transición que outras industrias culturais, como o audiovisual ou o disco, ou incluso a prensa, onde o trauma de transición aos novos modelos vai ser moito máis forte".
"Somos editores de cultura e editamos nunha lingua que poderiamos denominar local, a lingua galega, aínda que insertos nunha cultura europea e universal. Para unha lingua e unha cultura como a nosa, as novas tecnoloxías son unha oportunidade obxectiva para proxectarnos cara o mundo, non unha ameaza".
Na mesa participaron tamén o editor francés Francois Gêze, de Editions La Découverte; Alejandro Katz, de Katz editores de Máxico, e Marco Marinucci, de Google Books.
Arredor de douscentos libreiros e editores asistiron ao debate, que se centrou sobre os noso soportes (e-books) e as novas formas de difusión do discurso editorial (redes), salientando as dificultades que o sector da librería tiña para se desenvolver nesa nova realidade.
O Congreso Iberocamericano de Libreiros precede á celebración da 35 Feira do Libro de Buenos Aires, un dos grandes eventos editoriais da América Larina, na que este ano por primeira vez Galicia e a cultura galega terán un día sinalado, o 25 de abril.