A lírica das cousas pequenas

Cun cheo total no auditorio da casa de cultura de Bertamiráns (Ames), Xosé Manuel G. Trigo presentou no val da Mahía Viaxes do corazón, rodeado de amigos, antigos alumnos do instituto onde durante anos impartiu docencia e vellos compañeiros de claustro. O poeta Xosé María Álvarez Cáccamo e o director xeral de Galaxia, Víctor F. […]
Bernhard Schlink e a literatura como tema e trama

Bernhard Schlink é un dos autores nos que mellor se apreza a importancia que a literatura pode ter como tema para as tramas. Así como en O lector asina unha historia que, tomando como trasfondo o asunto do nazismo e o holocausto, reflexiona tamén sobre a importancia da poesía e a literatura como xeradores de […]
Murakami: primeiro en galego

O novo libro de Haruki Murakami, titulado Do que estou a falar cando falo de correr, sae en galego publicado por Editorial Galaxia. A tradución, feita directamente desde o xaponés por Mona Imai e Gabriel Álvarez Martinez, estará nas librerías galegas primeiro ca edición en castelán, tal como aconteceu con Tras do solpor, a súa […]
A OEPLI selecciona 4 libros de Galaxia para a Bienal de Ilustración de Bratislava

Para a Bienal de Ilustración de Bratislava, a OEPLI seleccionou 15 libros de todo o Estado, dos cales 4 están publicados por Editorial Galaxia. Falamos de "Eu tamén son fonte", de Teresa Moure, ilustrado por Leandro Lamas, que tamén deu lugar a unha exposición itinerante que agora percorre o país e na que se implicaron […]
Os novos títulos da Biblioteca Compostela

A rolda de prensa contou coas intervencións da concelleira de cultura de Santiago, Socorro García Conde, do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, e do director de edicións, Carlos Lema. Todos resaltaron a importancia da colaboración da empresa coas institucións públicas para facer posible a creación, e fundamentamente, a continuidade de proxectos tan ambiciosos […]
O premio máis fermoso

Onte, nun fermoso acto no que participaron os gañadores das últimas edicións do Premio Arcebispo San Clemente, a escritora Anxos Sumai recolleu o galardón pola súa novela Así nacen as baleas. Durante o transcurso do acto, multitudinario e cálido, o director do Rosalía de Castro e promotor do certame, Ubaldo Rueda, anunciou que se está […]
Éxito arrollador de Murakami en Compostela

As colas para recibir a sinatura do autor nipón eran unha festa de xente. Homes e mulleres de todas as idades, lectores entregados á prosa poderosa de Murakami, gardaron cola pacientemente para conseguir a súa sinatura neste libro editado por Galaxia e que ve primeiro a luz no estado antes que a versión en castelán. […]
Grande éxito de Xerardo AgraFoxo en Noia

Nun escenario que recreaba unha estación de tren, para transmitir ao público presente a idea das viaxes que enchen a vida e a obra do autor, ocuparon os seus bancos Alberto Piñeiro, coordinador de Barbantia, Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, Rosa Aneiros, escritora, e o autor, Xerardo AgraFoxo. Carlos Lema presentou a obra […]