Hoxe celebramos o Día do Libro

Hoxe celébrase o Día do Libro. E a pesar do difícil que é fuxir dos tópicos cando de datas tan sinaladas falamos, convén repetir algunhas verdades nas que cremos como unha fe rotunda na palabra. En primeiro lugar na palabra galega, nos libros feitos en Galicia e en galego. Libros para construír un país e […]
Neira Cruz e Freixanes no Centro Galicia de Buenos Aires

O Centro Galicia reúne o que no seu día foron os Centros Lucense, Pontevedrés, Coruñés e Ourensán, co obxectivo de crear unha grande institución unitaria da emigración galega, alén do Centro Galego, máis centrado na asistencia médica, e da Federación de Sociedades Galegas. Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Xosé Antonio Neira Cruz, […]
A exposición sobre a censura chega a Pontevedra

Desde hoxe, e ata o vindeiro 1 de xuño, os pontevedreses poderán visitar a exposición, organizada pola Fundación Penzol, "Editar en galego baixo a ditadura franquista". A mostra permanecerá aberta de luns a venres, de 9:00 a 21:00 horas e os sábados, 10:00 a 14:00 horas na Biblioteca Pública Antonio Odriozola. O comisario da exposición […]
A cultura galega brilla en Bos Aires

A profesora, colaboradora de Grial e da Radio Galega, e sobre todo, activista cultural a prol da cultura galega, envíanos tres fotos relacionadas coas actividades galegas que se desenvolven na cidade de Bos Aires e aproveita para explicárnolas coa paixón que lle pon a todo o que fai. Unha manchea de tertulias, cursos, obradoiros, conferencias […]
Últimos días para "Galicia 25" en Compostela

A exposición "Galicia 25, unha cultura para un novo século" que está aberta no Museo do Pobo Galego desde o pasado 10 de marzo, pechará as súas portas o vindeiro domingo. A mostra está a ter un importante éxito de visitas tanto de grupos escolares como de público en xeral. A exposición, conformada en torno […]
Inauguración da exposición "Galicia 25. Unha cultura para o novo século" en Santiago

No acto de inauguración participarán Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago, Isaac Díaz Pardo, presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, Manuel García Miñaca, director territorial de Caixanova para Galicia Norte e os comisarios da exposición Henrique Monteagudo, Víctor F. Freixanes e Iago Seara. A […]
Presentación do libro "Do que estou a falar cando falo de correr", de Haruki Murakami

Do que estou a falar cando falo de correr é un fito en si mesmo para a nosa lingua e para o noso sistema literario na medida en que a edición en galego aparece nas librerías antes que a versión en castelán. Haruki Murakami é un dos autores que máis venden e con máis predicamento […]
'Eu tamén son fonte' chega a Vilaboa

Hoxe, a exposición organizada por FEDEGALMA, a Consellería de Sanidade e a Editorial Galaxia, a prol da lactación materna, e que toma como base o relato de Teresa Moure 'Eu tamén son fonte', abre en Vilaboa, concretamente na Casa de Cultura de Riomaior, en Santa Cristina de Cobres. Á beira da ría calma de Vigo, […]